O Xeoparque Cabo Ortegal recibe ao alumnado gañador da Olimpíada de Xeoloxía

O IES Miraflores de Oleiros foi o instituto vencedor da proba celebrada o 4 de febreiro.

IES Miraflores de Oleiros. Fuente- XEOPARQUE CABO ORTEGAL

O alumnado de bacharelato do IES Miraflores de Oleiros visitou este pasado lúns o Xeoparque Cabo Ortegal. Logo de ser os vencedores da fase galega da XVII Olimpíada de Xeoloxía, celebrada o pasado 4 de febreiro, os mozos e mozas deste instituto de Santa Cruz de Oleiros achegáronse a coñecer o territorio de primeira man.

A visita permitiulles comprender a orixe e a evolución dos materiais que conforman o patrimonio xeolóxico da zona, así como tamén a paisaxe actual. Xunto ao xeólogo e director científico do xeoparque, Francisco Canosa, descubriron algúns dos enclaves máis emblemáticos do territorio como os miradoiros do Paraño e Chao do Monte, punta Marnela, a Vixía da Herbeira, o Cabo Ortegal e o porto de Cariño.

IES Miraflores de Oleiros. Fuente- XEOPARQUE CABO ORTEGAL

Así foi a XVII Olimpíada de Xeoloxía
A proba, na que participaron máis de 70 escolares da provincia da Coruña e o norte de Lugo, tivo que celebrarse en catro institutos por mor da folga de autobuses, e non en Valdoviño como estaba previsto inicialmente. O IES Telleiras, en Narón; o IES Concepción Arenal, en Ferrol; o IES O Perdouro, en Burela, e o IES Rafael Dieste, na Coruña, foron os institutos que acolleron o campionato.

Os vencedores desta fase representarán a Galicia na fase estatal, que será o vindeiro 21 de marzo en Vigo, e poderán optar á proba internacional, que se celebrará en Italia en agosto.

Lea también

Galicia llevará a 37 estudiantes de FP al certamen estatal ‘SpainSkills’

Un total de 37 estudiantes de Formación Profesional (FP) representarán a Galicia en el certamen …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *