A Deputación da Coruña pecha cun balance moi positivo a súa primeira participación en Navartur

A Deputación da Coruña participou o pasado fin de semana, de venres ao domingo, na feira Navartur, celebrada en Iruña, na súa primeira presenza neste evento turístico do norte do Estado. A gastronomía, o turismo de natureza e o sendeirismo centraron o interese do público que se achegou ao expositor provincial durante as tres xornadas.

A Deputación da Coruña pechou cun balance moi positivo a súa primeira participación en Navartur-Feira Internacional de Turismo Reyno de Navarra, celebrada na citada fin de semana no Palacio de Congresos e Auditorio Baluarte de Iruña, onde promoveu un modelo turístico baseado no territorio, a sostibilidade e a identidade.

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, amósase «moi satisfeito desta primeira participación no evento», destacando a «altísima densidade de público no noso expositor durante as tres xornadas».

Regueira destacou que a participación en Navartur contribuíu a reforzar a imaxe da provincia vinculada a un turismo de calidade, sustentábel e respectuoso coa natureza e coa identidade do territorio. «Volvemos contentos por isto e porque se vincule o noso territorio cun turismo de calidade, sustentábel, de respecto pola propia natureza e identidade do territorio. Moi satisfeitos de probar Navartur e agardemos que sexa a primeira de moitas ocasións en que esteamos nestas terras promocionando o turismo e o noso territorio», subliñou.

Segundo sinalou, a presenza da Deputación permitiu comprobar «o interese da sociedade navarra en procurar na provincia da Coruña un destino onde pasar as súas vacacións». Durante a feira, gastronomía, turismo de natureza e sendeirismo foron as opcións máis demandadas polas persoas visitantes que se achegaron ao espazo promocional da provincia. «É algo que sempre se asocia ao norte, a Galiza e á provincia da Coruña», explica Regueira, quen enfatiza tamén a intensidade da atención rexistrada no posto provincial.

O vicepresidente tamén agradece a colaboración das entidades e persoas participantes no mostrador, nomeadamente ao alcalde da Laracha, José Manuel López Varela —presidente da CMAT Costa da Morte— e ao equipo que o acompañou, así como ás técnicas do GDR Ulla-Tambre, que contribuíron ao traballo promocional desenvolvido.

Regueira conclúe desexando que, debido a esa intensidade de demanda de información, «proximamente teñamos numerosos visitantes de orixe navarra na provincia da Coruña e, sobre todo, que saian satisfeitos e fidelizados, que repitan».

 

Lea también

El actor Javier Gutiérrez recogió la «faba de plata» concedida por la Asociación de Asturianos de Ferrolterra

“Decía el poeta que la verdadera patria del hombre es la infancia,  pues bien Ferrol …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *