O Concello de Neda brinda unha segunda oportunidade para desfrutar da exposición “Do mar e da terra”.
A Biblioteca municipal acolle esta mostra itinerante busca dar a coñecer exemplos de innovación, éxito e compromiso co rural e co mar que existen na nosa provincia, así como lembrar ás xeracións máis novas as posibilidades que ofrecen sectores tradicionais como o agrogandeiro ou o mariñeiro.
O proxecto da Deputación da Coruña inclúe media ducia de paneis divulgativos, orientados a poñer en valor o rural e os seus recursos como forma de combater o despoboamento e favorecer a igualdade de oportunidades no territorio. A mostra, elaborada pola Área de sectores produtivos, Mar e Medio rural, incide na importancia crecente da sostibilidade e, a través da difusión de casos de éxito, pon o foco en impulsar a remuda xeracional nos sectores tradicionais.
“Do mar e da terra” estará na biblioteca de Neda ata o 3 de marzo. Poderase visitar de luns a venres, de 9 a 13 e de 17 as 20 horas.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

