Odéon homenaxea con distintas actividades literarias a Rosalía de Castro

O Centro Comercial Odeón de Narón homenaxeará este sábado á poeta galega por excelencia, Rosalía de Castro, con motivo do aniversario do seu nacemento (23 de febreiro de 1837). Para iso, contarase de novo coa colaboración da librería Santos Ochoa e do Grupo de Autores de Ferrolterra (GAF), que se reunirán a partir das 18:00 horas na Praza de Eventos para realizar diferentes actividades, agrupadas baixo o título ‘Sempre Rosalía’.

Rosalía de Castro

A esa hora comezará un concurso no que os visitantes poderán poñer a proba os seus coñecementos sobre Rosalía, a través de diferentes preguntas sobre a súa traxectoria persoal e profesional. A continuación está previsto un recital de poemas de Rosalía de Castro a cargo das escritoras Isabel Ramos Breijo, Tania Sabín Salgado e Ana Julia Martínez Fariña.

A continuación, entorno ás 19:00 horas comenzará o ‘Contacontos de Galicia’, e ao finalizar haberá un espazo de ‘Micro aberto’ no que todas as persoas que o desexen poderán recitar fragmentos de versos de Rosalía de Castro.

A organización regalará entre as persoas participantes, en colaboración coa librería Santos Ochoa, 5 vales de 20€ para a librería e 5 láminas de edición limitada da autora de ‘Cantares galegos’, considerada un dos símbolos da identidade galega.

Lea también

Máis de 500 escolares de Narón participan nunha nova campaña de trampeo contra a vespa velutina

O Concello de Narón, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA) Ferrolterra, inicia este …