Lectura colectiva e un espectáculo teatral para conmemorar o Día de Rosalía en Neda

O Concello de Neda sumarase un ano máis á celebración do Día de Rosalía de Castro, nacida o 23 de febreiro do 1837. E farao cunha programación especial, que incluirá varias actividades ao longo da próxima semana, entre as que se destaca o espectáculo teatral “Campanas de Bastabales”.

A programación especial, destinada a dar a coñecer a vida e obra da que foi a escritora máis recoñecida das nosas letras, incluirá unha primeira proposta o venres 27. Será a actividade “Unha tarde con Rosalía, unha lectura colectiva de poemas e outros textos da autora de Cantares gallegos, Follas novas o En las orillas del Sar.

Dende a administración local convídase a veciños e veciñas de todas as idades a participar nesta lectura pública, que terá lugar a partir das 19 horas na Biblioteca Municipal, animándoos a elixir algún fragmento das súas obras que, por un ou outro motivo, lles guste especialmente. Na sala de lectura disporase un centro de interese sobre esta figura clave do Rexurdimento.

Homenaxe teatral
E o sábado 28 , a partir das 20:00 horas, na Casa da Cultura de Neda programarase a obra teatral “Campanas de Bastabales” da compañía naronesa Imaxina-T. Unha peza dirixida por Luis G. Ramos, a modo de homenaxe á escritora.

A obra sitúa ao público tras o pasamento da autora, no momento no que Alejandra, filla de Rosalía, cumprindo o desexo da finada, recolle as súas pertenzas e escritos da súa nai para queimalos, e atopa o seu diario persoas“ e cartas que descobren segredos longamente gardados”. O vindeiro luns iniciarase a venda anticipada das entradas (2 euros) na biblioteca municipal.

Cartel horizontal Día Rosalía de Castro neda

Lea también

Ferrol abrirá la próxima semana por quinta vez su patrimonio invisible

El antiguo edificio de El Correo, la iglesia de San Francisco, el Parador de Turismo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *