O Museo do Seixidal das Somozas pon en marcha a inclusión no Sistema Galego de Centros Museísticos

Estase a realizar un inventario detallado, así como unha catalogación de todas as pezas para presentar a proposta e poida ser incluído no SGCM. O obxectivo de este museo etnográfico é didáctico, de modo que mostra como se vivía nas aldeas y con que se levaban a cabo as labores do campo. O complexo está formado por varios edificios e na casa principal están expostas ferramentas e obxectos doados pola veciñanza para recrear as labores agrícolas e gandeiras que ao longo dos anos se levaron a cabo nas Somozas.

O Museo etnográfico do Seixidal das Somozas, a través da empresa Trivium encargada do proxecto, presentará nos vindeiros meses unha proposta para a súa inclusión no Sistema Galego de Centros Museísticos (SGCM). Deste xeito, estase a preparar todas as accións necesarias para a proposta, entre elas un inventario detallado e unha catalogación de todas as pezas do museo.

O complexo está formado por varios edificios e na casa principal están expostas ferramentas e obxectos doados pola veciñanza para recrear as labores agrícolas e gandeiras que ao longo dos anos se levaron a cabo nas Somozas, moito antes de que se iniciase a súa industrialización.

Os aparellos, mobles e útiles teñen indicacións sobre o seu uso y tamén o nome da persoa, familia ou entidade responsable da súa doazón. O obxectivo de este museo etnográfico é didáctico, de modo que mostra como se vivía nas aldeas y con que se levaban a cabo as labores do campo.

Tamén se realizan visitas concertadas para os colexios ou asociacións que así o soliciten.

O alcalde das Somozas, Juan Antonio Tembrás, explicou que “este museo ten unha función didáctica moi importante, na que se explican tradicións como a Malla do Seixidal, a reparación dos aperos de labranza ou se dan a coñecer, a rapazada e adultos, as técnicas de agricultura e gandeiría que se levan realizando durante décadas e que son símbolo da nosa terra”.

“Estamos traballando para preparar unha proposta firme e completa para conseguir que o noso Museo do Seixidal forme parte do Sistema Galego de Centros Museísticos, fito que consideramos que sería moi positivo para a súa divulgación e recoñecemento”, concluíu Tembrás.

Lea también

La Habitación Roja celebra en Ferrol sus 30 años sobre los escenarios

La banda valenciana La Habitación Roja actuará este sábado 23 de mayo en el Teatro …