O Festival de Entroido de Valdoviño contará este sábado con ata 5 comparsas locais e 3 de Cedeira, Fene e Narón

A cita arrincará ás 17:30 horas co desfile entre a casa consistorial e a casa dacultura, e o festival estará presentado por Avelino «O cego das covas».

Fuente.-Concello de Valdoviño

Valdoviño celebrará este sábado 21 de febreiro o seu tradicional Festival de Entroido. Onte mércores pechábase o prazo para a incrición de comparsas, e un ano máis, o número de solicitudes superaba o cupo máximo de 8.

Así, seguindo as bases da convocatoria, o Concello realizaba o sorteo entre aquelas de fóra de Valdoviño, xa que estas tiñan garantizada a participación acreditando que o 51% dos integrantes estivesen empadroados/as. O Concello comunicaba acto seguido a decisión ás comparsas que quedaron fóra, convidándoas a tomar parte activa no desfile que precederá ao festival. Ao escenario subirán as seguintes:

-Os Chorlitejos (Valdoviño)
-Vén voar con nós do CRA de Valdoviño (Valdoviño)
-Os Scratchados (Fene)
-As ovelliñas mansas da Semente (Narón)
-Bruxas e Maléficas (Cedeira)
-Faranduleiros (Valdoviño)
-Valdoviño polo Insti (Valdoviño)
-Os Drillers (Valdoviño)

Todas elas, recibirán unha gratificación de 400 euros, un «chisco» máis que o ano pasado, xa que nesta edición elimínanse os premios e a cuantía repártese a partes iguais neste concepto. Así mesmo, e xa sen límite de prazas, anotáronse 2 parellas, que irán a concurso.

Así mesmo, no caso dos disfraces individuais, abrirase un prazo extra para anotarse o mesmo sábado, á porta da casa consistorial, de 17 a 17:15 horas. Dende este punto, o desfile arrincará ás 17:30 horas en dirección á casa da cultura, onde se desenvolverá o festival no exterior, e baixo carpa, presentado por Avelino «O cego das covas».

Por último, e fóra de concurso, o Concello de Valdoviño anima a todos os veciños e veciñas a disfrazarse e participar no desfile.

Lea también

La “Xuntanza de palilleiras de Neda” celebra su edición 20 aniversario

La Asociación Filigrana organiza este sábado 21 de febrero la “Xuntanza de palilleiras de Neda” …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *