Conta atrás para o II Meeting Internacional de Ourense

A cidade de Ourense volverá situarse no centro do atletismo internacional coa celebración do II Meeting Internacional de Ourense en Pista Curta, que terá lugar o sábado 21 de febreiro no recinto de Expourense.

Precisamente para presentar o evento, xuntábanse nun acto público as autoridades coorganizadoras da proba entre os que estaban  Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo; Rogelio Martínez, xerente de Expourense; Manuel Pérez, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Aníbal Pereira, tenente alcalde e concelleiro de Deportes de Ourense; Enrique Álvarez, Asesor deportes da Deputación de Ourense, Eladio Gómez, vicepresidente da Federación Galega de Atletismo e Mario González, director deportivo de Expourense.

A competición, incluída no calendario internacional, está organizada pola Federación Galega de Atletismo, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Ourense, consolidando unha aposta conxunta polo deporte de alto nivel e a proxección de Galicia como sede de grandes eventos deportivos.

O meeting, que discorrerá o sábado desde as 17:30 h. ata as 20:30 h., contará coa participación de atletas de talla mundial entre os que destaca, por parte galega, a presenza dos olímpicos Adrián Ben e Belén Toimil, dous dos grandes referentes do atletismo español.

A de Mugardos ademáis, tomará parte nun concurso de gran nivel xunto á portuguesa Eliana Bandeira, cunha marca persoal de 18,49 m., e a británica finalista europea e mundial Sophie McKinna, que acredita 18,86 m.

No apartado masculino, sobresaen os nomes do inglés Henry Tomas, que competirá nos 800 metros (1:44.10) xunto ao italiano campión de Europa Sub23 Simone Barontini (1:44.34), Elvin Josué Canales (1:44.10) ou o mesmo Adri Ben (1:46.42) nunha das probas máis agardadas da xornada xunto a dos 400 m. masculinos nas que figuran inscritos Oscar Husillos (44.73), João Coelho (44.79) ou o francés Younes Chattoui (45.38).

O espectáculo continuará ca presenza do cubano en lonxitude Jorge Hodelín (8.34 m.) ou a do olímpico Gersoan Balde  (8,20 m.); a cubana Dacsy Adelina Brison en altura (1,89 m.); a medallista de bronce no campionato de España Naima Ait Alibou, en 1.500 m (4:09.07); a dobre subcampia sudamericana venezolana Andrea Purica nos 60 m. así como a presencia da española Eva Santidrián nos 400 metros ou a do subcampión do mundo universitario Angel Díaz nos 60 valos (7.72) .

Malia estar practicamente o cartel pechado, non se descarta a incorporación a última hora de máis atletas de ranking mundial que converterán a Ourense nun escaparate atlético de primeiro nivel.

Entrada gratuíta e aposta polo atletismo base

A entrada para o público será gratuíta ata completar aforo, facilitando que afeccionados e familias poidan gozar dunha xornada única de atletismo internacional. Ademais, como complemento á competición principal, a partir das 15:45 e ata ás 17:00 horas do sábado, celebraranse tamén un Metiño destinado  ás categorías base, reforzando o compromiso do meeting co desenvolvemento e promoción do atletismo desde os seus cimentos.

Con esta segunda edición, o Meeting Internacional Ciudad de Ourense reafirma o seu crecemento e a súa ambición de converterse nunha cita imprescindible do calendario indoor europeo.

Información Meeting
Información Metiño

Lea también

Narón impulsa unha xornada formativa para previr a violencia machista no deporte

O Concello de Narón celebra o próximo 5 de marzo, de 16:00 a 18:30 horas, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *