Valdoviño acolle a presentación da novela «Mortes con argumento» de Henrique Dacosta

O profesor e escritor Henrique Dacosta presentaba en Valdoviño a súa novela «Mortes con argumento». O acto tiña lugar o pasado venres á tardiña, e no mesmo estivo arroupado polo tamén escritor e profesor Antón Cortizas.

Desta volta, o autor propón un thriller policial ambientado unha vez máis en Ferrolterra, onde os lectores e lectoras poderán acompañar aos inspectores Iria Arnoso e Félix Couñago nas súas pesquisas para resolver un caso no que todas as personaxes semellan que teñen algo que ocultar.

A novela xa está dispoñible para o préstamo na biblioteca municipal.

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …