Villaverde destaca as auditorías enerxéticas de recursos de galicia nos portos para a transición enerxética e a descarbonización

A conselleira do Mar puxo en valor en Ribadeo este traballo que permitirá coñecer o potencial da implantación de renovables nos peiraos autonómicos e facilitará o aforro e o autoconsumo.

Momento de la visita de Villaverde al Puerto de Ribadeo

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, destacou este venres en Ribadeo a importancia da auditoría enerxética que Recursos de Galicia, en colaboración coa Xunta, está a impulsar entre as entidades asentadas nos portos autonómicos e nos polígonos industriais galegos, unha iniciativa clave para avanzar na transición enerxética e na descarbonización da actividade económica vinculada ao mar.

A responsable autonómica, acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, visitou o porto ribadense, un dos enclaves con maior actividade loxística e comercial do sistema portuario autonómico, onde puxo en valor este traballo orientado a coñecer o potencial de implantación de enerxías renovables nestes espazos e a facilitar o aforro enerxético e o autoconsumo.

No marco desta xornada, Villaverde realizou unha visita ás instalacións do Grupo Nogar, empresa referente no ámbito da loxística portuaria e da manipulación de mercadorías, co obxectivo de coñecer de primeira man a súa actividade e analizar, xunto cos seus responsables, o papel das empresas asentadas nos portos na implantación de medidas de eficiencia enerxética. Esta visita permitiu tamén avanzar na recollida de información necesaria para a auditoría enerxética e sensibilizar ao tecido empresarial sobre as oportunidades que ofrece esta iniciativa para reducir custos, mellorar a competitividade e avanzar cara a modelos produtivos máis sostibles.

A conselleira reafirmou o compromiso do ente público co impulso das enerxías limpas nas contornas portuarias e lembrou que esta auditoría, desenvolvida pola Xunta a través das consellerías do Mar e de Economía e Industria xunto coa sociedade público-privada Recursos de Galicia, permitirá obter unha radiografía detallada da situación enerxética dos 122 portos autonómicos e dos polígonos industriais da comunidade.

Villaverde subliñou que a análise dos datos enerxéticos resulta especialmente relevante no caso dos portos, espazos que contan con consumos e equipamentos característicos, como grúas, palas cargadoras ou sistemas de transporte de mercadorías, que requiren solucións específicas para mellorar a eficiencia e reducir a pegada ambiental.

 

Lea también

El DOG publica el nombramiento de Villares como vocal del consejo de administración de la APFSC

El Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este miércoles, día 17 de junio, el nombramiento …