O uso da IA no diagnóstico médico, a debate no Campus Industrial de Ferrol nunhas xornadas no mes de marzo

Wenceslao J. González coordina unhas xornadas que terán lugar, os días 12 e 13 de marzo, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol.

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, os días 12 e 13 de marzo, as xornadas sobre Filosofía da Medicina que organiza o Centro de Investigación en Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía (CIFCYT) da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, baixo a coordinación do catedrático da Facultade de Humanidades e Documentación, Wenceslao J. González.

Entre os relatores convidados a participar nestas xornadas figura a directora do Centro de Bioética, Saúde e Sociedade no Wake Forest College, en Carolina do Norte, Ana Lucía Smith Iltis; a catedrática da Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) e membro da Academia Internacional de Filosofía das Ciencias (AIPS), Atocha Aliseda; e o profesor asociado do Departamento de Filosofía na University of Utah, nos Estados Unidos, ademais de editor asociado do British Journal for Philosophy of Science, Jonah N. Schupbach.

No programa desta edición atopamos tamén ao catedrático de Filosofía na University of Liverpool, en Reino Unido, Thomas Schramme; ao catedrático da Universitat Abat Oliba CEU de Barcelona e especialista en temas de Bioética, Aquilino Cayuela Cayuela; e ao profesor do Departamento de Historia e Filosofía da Ciencia (HPS) da University of Pittsburgh, nos Estados Unidos, e investigador no eido da Bioética e do Dereito da Saúde, Jonathan Fuller.

As persoas interesadas en participar neste evento que se enmarca dentro das XXXI Xornadas de Filosofía e Metodoloxía Actual da Ciencia terán que enviar un correo electrónico cos seus datos persoais a jornadas.filosofia.ciencia@udc.es ou ben chamando ao 881 01 3814 antes das 14:00 horas do venres 27 de febreiro. O prezo da matrícula oscila entre os 40 e os 80 euros, dependendo de se a persoa inscrita pertence á comunidade
universitaria ou ao ámbito profesional.

Lea también

En Ferrol, inaugurada en Exponav “Galicia, unha escola”, la exposición que conmemora los 50 años de la ETSAC

La Sala Carlos III de Exponav acogió este miércoles la inauguración de la exposición “Galicia, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *