A Confraría de Pescadores de Ferrol convoca o I Concurso de Debuxo da IV Festa do Marisco

Poderán participar escolares de Ferrolterra, con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos. Os beneficios obtidos da venda se donarán á Cofradía da Soledad, que porta imaxes veneradas polas xentes do mar.

A Confraría de Pescadores de Ferrol abre este 6 de febreiro, a convocatoria para participar no I Concurso de Debuxo da IV Festa do Marisco, dirixido a escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos (ambos incluidos). O concurso consistirá en deseñar a nova camiseta deste evento, a cal poñerase á venda durante a os días de celebración da Festa (do 27 de marzo ó 5 de abril de 2026).

Os beneficios obtidos da venda serán destinados á Cofradía da Soledad, que porta as imaxes do Cristo dos Navegantes e da Virxe do Socorro,  ambas veneradas polas xentes do mar.

Os nen@s interesados en participar teñen de prazo ata o 26 de febreiro ás 13:30 horas para presentar os seus deseños, que deberán estar relacionados co traballo do sector mariñeiro, reflictindo o esforzo, orgullo e satisfacción das súas xentes. Só se poderá presentar un único deseño da camiseta.

A entrega dos debuxos realizarase nas oficinas da Confraría de Pescadores de Ferrol (situada no Porto de Ferrol, xunto á Lonxa) de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:30 horas.

Participar é moi sinxelo. Tan só haberá que entrar neste enlace https://drive.google.com/drive/folders/12bZrMCCKhaSVQYsOJ9ZYXlq8W9b_EoNf que estará visible nas redes sociais da Confraría (Facebook e Instagram), e descargar aplantilla sobre a que se realizará o debuxo.

Haberá un único gañador, cuxo premio será ver plasmado o seu deseño na camiseta conmemorativa da IV Festa do Marisco, ademáis doutros grandes premios aínda sen desvelar.

O xurado estará composto por 5 membros da Comisión de Festas da IV Festa do Marisco, que valorarán especialmente a orixinalidade e creatividade da proposta, ademáis da súa relación coa temática sinalada anteriormente.

Lea también

Agenda del viernes, día 6, en la zona norte

LA FRASE DEL DÍA–“La cultura de una nación reside en los corazones y en el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *