Esquerda Unida Ferrol renova a súa Colexiada Local

A asemblea local de Esquerda Unida Ferrol culminou o seu proceso de renovación dos órganos de dirección coa elección da nova Colexiada Local, un equipo colexiado que asumirá a responsabilidade política e organizativa da formación na cidade.

Fuente Esquerda Unida Ferrol/ Ana Belén González Basanta, que vai exercer como coordinadora local de EU Ferrol

A nova Colexiada Local está integrada por mulleres e homes con traxectorias profesionais diversas e unha ampla experiencia de implicación social, vinculadas a distintos ámbitos do movemento social, sindical, cultural e veciñal de Ferrol. Forman parte deste órgano Manuel Santos Caruncho, Raquel Cartamil Golpe, Francisco Javier Permuy López, Teresa Vázquez Cuba, Daniel Velasco García e Ana Belén González Basanta.

Desde Esquerda Unida Ferrol sinalan que esta nova etapa ten como principais obxectivos, por unha banda, reforzar a organización nun contexto marcado polo avance de discursos reaccionarios e, por outra, consolidarse como unha ferramenta útil ao servizo da defensa dos dereitos sociais e dos servizos públicos na cidade, traballando sempre desde a coherencia política, a participación e a proximidade á realidade social ferrolá.

Defender o público, o común e unha alternativa unitaria para Ferrol

A nova Colexiada Local aposta por situar no centro da acción política a defensa e mellora dos servizos públicos, fronte a procesos de privatización que teñen demostrado ser prexudiciais tanto para a calidade dos servizos como para o interese xeral. Neste sentido, Esquerda Unida Ferrol defenderá políticas públicas que reforcen ámbitos clave como o emprego, as políticas sociais, a vivenda, a dependencia, o transporte público ou a cultura, apostando por un modelo de cidade máis xusta, sostible e participativa.

Desde a organización consideran que a cidadanía reclama políticas valentes e ambiciosas nestes eidos, fronte á falta de respostas do actual goberno municipal, e anuncian a súa vontade de traballar desde a rúa, os movementos sociais e as institucións para construír unha alternativa de cidade ao servizo da maioría social, apostando tamén por recuperar e fortalecer a unidade da esquerda como ferramenta imprescindible para transformar Ferrol.

Lea también

Aparecen pintadas con contenido «xenófobo» en la sede de Cruz Roja en Ferrol

La sede de Cruz Roja en Ferrol ha aparecido con pintadas de contenido «xenófobo«, según …