Iván Puentes, na busca da praza para o campionato de España de Dúatlon

O canteirán do Triatlón Ferrol disputa este domingo a proba clasificatoria en Soria.

Fuente Triatlon Ferrol

O ferrolán Iván Puentes compite esta fin de semana, en Soria, no clasificatorio para o campionato de España de dúatlón coa aspiración de acadar o billete para a cita nacional. O canteirán do Club Triatlón Ferrol atópase nun gran estado de forma no referente á carreira a pé e, por outro lado, as chuvias deste inverno non lle permitiron adestrar o tempo desexado en bici.

Á cita, pendente de entrar desde a lista de espera, acude tamén o seu compañeiro de club Manuel Pozuelo e contará entre os participantes co campión do mundo español Javier Martín.

A proba dará comezo este domingo ás 10:30 horas no estadio de atletismo de Los Pajaritos e disputarase nun percorrido de 5 km de carreira, 20 km de ciclismo e 2,5 km a pé.

Lea también

El Natación Ferrol conquista el Campeonato gallego alevín tras una brillante actuación en Pontevedra

El Club Natación Ferrol firmó este fin de semana uno de los mayores éxitos de …