Conta atrás para disputar o XI Campionato Xunta de Galicia de Trail Running

Fuente Federación Galega de Atletismo

O Concello de Bardadás acolleu a presentación do XI Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Classic que se desenvolverá o vindeiro día 14 de febreiro xunto ca disputa do XI Castro Trail Xtrem.

 Asistiron a esta presentación o alcalde de Barbadás Xosé Carlos Valcarcel quen estivo acompañado polo Tenente de Alcalde Daniel Rey. De igual modo asistiron a esta presentación Manuel Pérez, Xefe Servizo provincial Deportes da Xunta; Quique Álvarez, Asesor de Presidencia da Deputación Ourense; Lalo Gómez, vicepresidente FGA; Iván Sangiao, responsable de TR da FGA;Juan Fernando Freire en representación da Policía Local; David Losada, Federico Losada e Daniel Lozano como representantes de Castro Trail e Diego López.

Durante a presentación se estiveron anunciando varias novedades importantes con respecto a outros anos. A primeira delas é que este ano vaise contar cun circuito renovado cuxo percorrido se axusta máis ás distancias do Campionato de España. Tamén se informou de que a diferencia de anos anteriores, o sentido da carreira será contraria a como se viña mantendo ata o de agora polo que o plantexamento de carreira será completamente novo para quenes tomen parte nel. Ademáis de todo elo, anunciabase que a distancia curta pasa a ser de 11 km. para os Sub23, sendo a vez primeira que esta categoría conte cunha distancia propia e distinta a dos absolutos e máster.

Na rolda de intervencións, o alcalde do Concello de Barbadás Xosé Carlos Valcarcel, destacaba o impacto que este evento ten para o concello tanto a nivel económico como social. De igual modo anunciaba a disposición total das infraestructuras deportivas do concello, o que vai permitir dala saída desde o pavillón municipal que se convertirá no epicentro da proba.

Pola súa parte o xefe do servizo provincial de deportes da Xunta de Galicia Manuel Pérez, puxo en valor a importante evolución de licenzas deportivas federadas que se está experimentando tanto en Galicia a nivel xeral como en Ourense a nivel particular, destacando  as importantes inversións que a Xunta está efectuando especialmente en Ourense.

Por último, o asesor de Presidencia da Deputación Quique Alvarez, quixo salientar que este ano Ourense será sede de tres campionatos Xunta de Galicia de TR dos cales o de Barbadás, marca o primeiro deles.

A proba será organizada polo Club Castro Trail, en colaboración co Concello de Barbadás o vindeiro día 14 de febreiro. A primeira carreira comeza ás 9.45 horas  para as categorías absoluta e máster sobre unha distancia de 23,5 Km. A seguinte  será as 10.15 h. e nela tomarán parte os atletas Sub23 sobre unha distancia de 11 Km.

Lea también

El Natación Ferrol conquista el Campeonato gallego alevín tras una brillante actuación en Pontevedra

El Club Natación Ferrol firmó este fin de semana uno de los mayores éxitos de …