Ferrol contará con doce marquesiñas para o transporte interurbano

A Xunta de Galicia subministra estes refuxios de espera, que mellorarán a accesibilidade e o confort dos usuarios do transporte público.

O concelleiro de Urbanismo, José Tomé López, confirmou que a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia vén de comunicar ao Concello de Ferrol a adxudicación dun total de 12 marquesiñas para o transporte interurbano, unha actuación que permitirá mellorar as condicións de espera e a seguridade dos usuarios do transporte público.

Estas novas infraestruturas instalaranse en distintos puntos do termo municipal, tanto en zona urbana como no rural, atendendo ás necesidades detectadas e contribuíndo a unha mellor vertebración do territorio.

En concreto as marquesiñas instalaranse nos seguintes emprazamentos urbanos: Avda das Pías (á altura do nº 25 da rúa Santa Comba), estrada alta do porto (marxe esquerda-Canido), na avda de Esteiro (marxe esquerda Praza das Angustias), na praza do Callao 23-24, estrada de Castela 170 (Ensanche A), rúa Telleiras s/n marxe dereita e marxe esquerda (acceso á Escola AntonioEscaño), rúa Euzkadi 8 (Recimil) e na rúa Pintor Pérez Villamil s/n (Ensanche A).

E no ámbito rural ubicaranse na estrada dos Coutos (marxe esquerda en Vilasánchez), na avda de Gandal (DP-3610) Viladóniga e na estrada do Faro marxe esquerda, Lugar de Prior en Covas.

O Concello de Ferrol encargarase da instalación, así como da preparación da contorna e da execución dos cimentos, moi importante no caso do modelo que se entrega para a zona rural.

Con esta actuación, o Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia avanzan de maneira coordinada na mellora do transporte público, apostando por infraestruturas máis accesibles, cómodas e adaptadas ás necesidades da veciñanza de Ferrol, tanto na zona urbana como no rural.

Lea también

Las entidades sociales de Ferrol se unen para promover la X Solidaria en la declaración de renta

El viernes 17 de abril de 2026, a las 11:30 horas en la plaza de …

Un comentario

  1. Buena noticia, las nuevas marquesinas para el transporte interurbano. Aprovechando la ocasión sería un buen avance, de una vez por todas, informar adecuadamente y claramente en autobuses, señalética , y paradas las líneas y recorridos del transporte publico, tanto urbano como interurbano, así como horarios. No es mucho pedir si pensamos que en otras ciudades se informa de tiempos de transito y paradas, tanto en las marquesinas como en los autobuses.
    Lo señalado, hace pocas fechas en la prensa, con lo que ocurre con la línea «G» del transporte urbano roza el esperpento…