Voluntarios do Espazo +60 Afundación entregan a recadación da tenda solidaria á Cociña Económica de Ferrol

Archivo mayo 2025-Ferrol solidaria Afundacion +60

O Espazo +60 de Ferrol de Afundación, a Obra Social de ABANCA, entrega este venres 19 de decembro, ás 12.00 horas, un cheque por importe de 2.800 euros á Cociña Económica de Ferrol. Este é o total recadado grazas á venda dos  produtos que, de maneira artesanal, elaboraron as persoas voluntarias que participaron nesta edición do taller solidario do Espazo +60 Afundación Ferrol. A variedade de produtos incluía mantas, mandís, portachaves, chaveiros, manteis, bolsos ou carteiras.

No acto estarán a coordinadora do Espazo +60 Afundación de Ferrol, Mercedes Garnelo; o teroureiro da Cociña Económica de Ferrol, Julian López; e as socias participantes no taller solidario.

Esta actividade ten como finalidade o desenvolvemento de hábitos de reciclaxe e promove a creatividade e a imaxinación á vez que fomenta a solidariedade e a cooperación entre os participantes. Está enmarcada dentro do programa «O valor da experiencia» da área de Maiores de Afundación, que ten como obxectivo potenciar o papel activo dos maiores na sociedade e o desenvolvemento de actividades de voluntariado.

Lea también

Ferrol en Común critica la “intencionalidade” del gobierno local de privatizar servicios públicos

Ferrol en Común censura la política económica del Partido Popular que conlleva a un “fraude” …