Regueira referenda a aposta da Deputación da Coruña pola comarca de Ortegal

Regueira referenda a aposta da Deputación da Coruña polo valor xeolóxico, turístico, cultural e económico da comarca de Ortegal.

O vicepresidente pechou en Valdoviño o acto de presentación de resultados de dúas actuacións do PSTD do Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal para actividades de xeoturismo e a dinamización dos camiños a Santo André de Teixido.

Xosé Regueira firmou que o recoñecemento do Ortegal co selo da Unesco “é o maior logro nos anos que levo na política provincial” e vaticinou que camiño de Santo André de Teixido será “o gran proxecto” que levará adiante da Deputación no 2026.

O vicepresidente e titular de Turismo da Deputación, Xosé Regueira, referendou a aposta da Deputación da Coruña polo valor xeolóxico, turístico, cultural e económico da comarca de Ortegal. Foi na Casa da Cultura de Valdoviño, no acto final de avaliación de resultados de dúas actuacións do Plan de sostibilidade turística en destino (PSTD) Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal, relacionadas coa organización de actividades de xeoturismo e coa dinamización dos camiños a Santo André de Teixido.

Regueira referiuse ao PSTD como “un plan que xurdiu para seguir o camiño que a Deputación iniciou no seu momento co obxectivo de acadar algo que para min, como político, foi o maior logro desde que estou na Deputación da Coruña: o recoñecemento do Xeoparque pola Unesco, pero iso é algo que temos que saber xestionar e non só festexar”.

Ortegal ten, para o vicepresidente, “unha inmensa riqueza xeolóxica na súas costas, pero tamén un enorme valor patrimonial e cultural no camiño de Santo André, que se vai converter, seguramente, no gran proxecto que —fóra do Xeoparque— acometerá a Deputación en 2026”.

Iso será así, explicou, “porque implica persoas e empresas, nas que a Deputación sempre pensa á hora apoiar iniciativas que, como esta, teñen o obxectivo de xerar oportunidades, de xerar emprego e de manter a poboación no rural”. E engadiu que “disto se trata tamén: de sostibilidade, de conservar o talento e que unha empresa local non teña que marchar a núcleos urbanos para desenvolverse”.

Incidiu Regueira na riqueza do territorio ao lembrar outro dos atractivos da comarca, o surf, que se beneficia doutro proxecto en que tamén traballa a Deputación, a Red de Pueblos del Surf, “unha iniciativa que xestiona o turismo de surf de xeito sustentábel e que ademais fala de identidade, de cultura e do que somos”

Abundou o vicepresidente na riqueza de zona, “concentrada en moi poucos quilómetros de territorio”, e referiuse a dous proxectos máis que apoia a administración provincial: o do recoñecemento pola Unesco de Ferrol como candidata a Patrimonio Mundial e o de recuperación das baterías de Costa de Ferrolterra. “Se somos intelixentes”, rematou, “se seguimos a reforzar a cooperación entre as administracións públicas e o sector privado para xestionar esa riqueza neste territorio, sen dúbida vai haber grandes oportunidades para as empresas que traballades produto turístico e para as persoas que quixestes facer deste un lugar de vida e apostar por toda a potencialidade do territorio”.

As actuacións

Após o saúdo de benvida e da intervención do alcalde de Valdoviño, Alberto González, que abriu a xornada, presentáronse os resultados das actuacións do PSTD número 14, para a dinamización e promoción do Camiño de peregrinación a Santo André de Teixido, adxudicada á empresa GoodLife. e número 19, para o deseño e creación de programas de actividades de xeoturismo, como xeorrutas, visitas e outras actividades, adxudicada á firma Volta Montana.

As accións, segundo explicaron desde entidade xestora do Xeoparque, teñen como obxectivo común a creación, en estreita colaboración con axentes do territorio, de actividades turísticas sustentábeis enfocadas a dous recursos singulares do xeoparque: a xeoloxía e o patrimonio cultural, representado neste caso na peregrinación a Santo André de Teixido. “Pretendemos”, explican, “a transformación do modelo turístico tradicional, sendo as empresas do territorio, a través do desenvolvemento local, as que estabelezan produtos turísticos comercializábeis que colaboren nesa transformación do destino turístico cunha oferta turística diferenciadora e sustentábel, aliñada ao cento por cento co relato cultural e ambiental do Xeoparque Cabo Ortegal”.

No referido á actuación 14, os traballos orientáronse á creación dunha rede de empresas, axentes locais e entidades amigas do Xeoparque Cabo Ortegal para a organización e deseño de actividades de dinamización, recuperación e salvagarda dos camiños de Santo André de Teixido e do seu patrimonio material e inmaterial, así coma a posta en funcionamento e xestión de, como mínimo, dúas edicións dun  programa de actividades e experiencias turísticas nos camiños. Realizáronse  finalmente 15 rutas de visitas a recursos patrimoniais do Camiño con actividades complementarias.

Os traballos para desenvolver a actuación 19 están vinculados cos servizos de consultaría enfocados ao deseño de actividades de xeoturismo a partir da riqueza xeolóxica, natural e cultural local, e da posta en funcionamento e xestión de, tamén como mínimo, dúas edicións dun programa de visitas guiadas de ecoturismo, experiencias turísticas e outro tipo de actividades de xeoturismo no territorio, en colaboración coas empresas de servizos turísticos e outros axentes turísticos e locais do Xeoparque Cabo Ortegal. Realizáronse 7 visitas, con actividades complementarias, de experiencias distintas arredor do xeoturismo.

Lea también

Felipe Criado Boado, profesor de investigación del CSIC en Galicia, premiado por la Academia de Ciencias Sociales China

Criado, líder del proyecto “XSCAPE: Material Minds”, que estudia la interacción entre el mundo material …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *