A Alianza Aresana acolle unha obra de teatro infantil con ‘Vicki e a felicidade’

Alianza Aresana acolle este venres, 19 de decembro, a partir das 18:30 horas unha proposta cultural para público familiar de máis de 4 anos.

Trátase de ‘Vicki e a felicidade‘, un espectáculo que se achega á historia de Vicki, un neno a quen lle encanta bailar e cantar e que vive nunha aldea onde as persoas están sempre de mal humor. Un día, despois dunha conversa coa súa avoa, emprende unha viaxe na procura do segredo da felicidade, coa idea de devolverse a alegría á xente da aldea.

Unha travesía chea de humor, maxia e música, onde a importancia da empatía, da igualdade e dos coidados está no centro da historia, xa que, xustamente todo isto, é o que consegue mellorar as nosas vidas e a das persoas que nos rodean.

Actuación promovida pola Concellaría de Cultura de Ares, no marco da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

Lea también

El teatro Jofre Ferrol acoge la obra Música para Hitler

Los aclamados actores Carlos Hipólito y Kiti Mánver protagonizan este viernes a las 20:30 horas …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *