Neda acolle o espectáculo de música tradicional “Cantares o contares” de Tres pesos

O Nadal é tempo para a mellor música en Neda. A programación especial deseñada polo Concello inclúe a próxima semana o espectáculo “Cantares e contares” da formación folk Tres pesos. A proposta chegará á Casa da Cultura o vindeiro 26 de decembro, a partir das 20:30 horas.

O grupo, que xunta a Felisa Segade (voz e percusión tradicional), ben coñecida pola súa pertenza a Leilía, Xoán Porto (gaita, clarinete, voz e percusións) e Pepe de Calo (acordeón, voz e percusións) trae a Neda o seu novo proxecto “labrado tras anos de recolleita da tradición das cantareiras do rural”.

Así, Tres pesos, trío de instrumentistas e voces con amplísima experiencia no panorama das músicas de raíz, reivindica en “Cantares e contares” a importancia da transmisión oral e busca manter viva a cultura galega, propiciando que a roda da transmisión oral non se deteña.

Apuntan que cada un dos temas que conforman o concerto, e mesmo os seus títulos “conteñen mensaxes e reflexións necesarias para comprender a idiosincrasia da nosa sociedade onte, hoxe e mañá”.

A iniciativa gratuíta forma parte do programa “Nadal en rede”, activado pola Rede de dinamización lingüística da Xunta de Galicia para promover o uso do galego no lecer destas datas.

Lea también

Dos ponteses firman el cartel que representará la imagen del Festival Intl. do Mundo Celta de Ortigueira

La obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto y Joseba Silvent, vecinos del Ayuntamiento de As …