Apelón Educación ultima en Mugardos polo Nadal un programa de actividades culturais

Este Nadal, Mugardos acolle un pequeno programa de actividades culturais promovido por Apelón Educación, pensado para celebrar a tradición galega dende a participación, a música e o encontro comunitario.

xoves 18 terá lugar o Aguinaldo pola vila, no que as voces do alumnado do CEIP Unión Mugardesa percorrerán as rúas levando o espírito do Nadal á veciñanza. 

venres 19, o Apalpador visitará o CEIP Unión Mugardesa, compartindo coa infancia historias e valores ligados ás tradicións populares e ao coidado mutuo.

O programa pecharase o sábado 27 coa Ruada do Apalpador, un paseo colectivo pola vila que rematará cun espazo de convivencia con obradoiros de adornos de Nadal, bola e chocolate quente.

As actividades están organizadas por Apelón Educación en colaboración co CEIP Unión Mugardesa, Airiños de Fene, Casino Mugardés, Concello de Mugardos e a Deputación da Coruña.

Lea también

A Deputación da Coruña formaliza por case 400.000€ o contrato para a musealización do mosteiro de Caaveiro

O reponsábel de Patrimonio, Xosé Penas, destaca o compromiso da Deputación coa protección e valorización …