Escape Room, karaoke e zona gaming: así será o Nadal Xove na Casa da Mocidade de Narón

O Concello de Narón vén de anunciar unha nova edición de Nadal Xove, o programa de dinamización xuvenil que se desenvolverá na Casa da Mocidade da Gándara entre o 19 e o 27 de decembro, en horario de 17:00 a 21:00 horas. A iniciativa está dirixida a mozas e mozos de 12 a 16 anos e busca ofrecer un espazo de lecer activo e saudable durante o período non lectivo.

O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, destacou que o obxectivo principal é reforzar a oferta municipal específica para esta franxa de idade. “Trátase de crear para a mocidade un espazo de seu durante o Nadal, onde reforzar vínculos e participar en actividades que realmente lles resulten enriquecedoras”.

A programación combina obradoiros e espazos de uso libre pensados para favorecer a creatividade, a convivencia e o traballo en equipo. Haberá propostas como Escape Room, xogos de rol, rotulación e lettering, fotografía, karaoke e torneos deportivos, ademais de zonas abertas de xogo comunitario, debuxo e pintura e videoxogos. Santalla incidiu na dimensión educativa do Nadal Xove: “Ademais de pasalo ben, buscamos que estes días sirvan para reforzar o respecto á diversidade, a importancia dunha vida saudable e a participación social entre iguais”.

Acceso e inscripción
O acceso á zona gaming da Casa da Mocidade será libre, mentres que a participación nos obradoiros dirixidos requirirá preinscrición mediante un código QR dispoñible no cartel da actividade e nas octavillas informativas. Todas as actividades son de balde.

O concelleiro animou a mocidade a consultar a programación e participar: “O Nadal Xove está pensado para responder ao que nos piden: espazos seguros, dinámicos e nos que poidan expresarse. Queremos que a Casa da Mocidade volva ser o seu lugar de referencia nestas datas”, concluíu o concelleiro.

Lea también

Club Arco Narón obtiene excelentes resultados en el Trofeo Federación Galega indoor

El pasado fin de semana se celebró en O Barco de Valdeorras (OU) el Trofeo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *