Se sitúa como o concello que máis poboación gaña en toda a área de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
O Concello de Narón Narón consolida o seu papel como motor demográfico da comarca ao sumar 1.080 habitantes entre 2021 e 2025, segundo os últimos datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estadística (INE).
O municipio pasa así dos 38.810 veciños de hai catro anos aos 39.890, un aumento do 2,8% que o sitúa como o concello que máis poboación gaña en toda a área de Ferrolterra, Eume e Ortegal. O crecemento non é novo, pero si máis intenso. Tras dous anos de avances moderados –+140 habitantes en 2022 e +120 en 2023–, Narón experimentou un salto máis notable en 2024 (+250) e especialmente en 2025, cando sumou 570 residentes máis, o maior incremento anual da serie.
A evolución de Narón contrasta coa realidade demográfica da maior parte da comarca, onde predominan os descensos. Mentres localidades como Ares ou Mugardos tamén aumentan a súa poboación, aínda que a menor ritmo que Narón, a maioría mantéñense prácticamente estables ou rexistran descensos con respecto a hai catro anos, reflectindo unha dinámica poboaciónal desigual na área.
No caso de Narón, os datos confirman que continúa a consolidarse como o principal polo residencial da contorna urbana de Ferrol, cunha oferta de vivenda máis accesible e zonas en expansión como A Gándara, Xuvia ou Piñeiros. O dinamismo do parque de servizos, a mellora das conexións e a chegada de nova poboación moza explican parte deste avance, segundo fontes municipais.
Á espera de novas proxeccións, a tendencia demográfica confirma que Narón mantén o liderado comarcal e que o seu peso poboacional segue en aumento na comarca.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
