A obra ‘As Alumnas’ chega este venres o Teatro Jofre de Ferrol

O espectáculo foi distinguido con varios galardóns, entre eles o Premio Nacional de Literatura Dramática e o Premio Follas Novas á mellor obra de teatro.

O Teatro Jofre acolle este venres día 5 ás 20:30 horas a representación da obra As Alumnas, dirixida a público adulto e producida por Culturactiva Producións.

Trátase dun espectáculo que versa sobre xustiza social, memoria histórica, igualdade e resiliencia. Un fermoso artefacto escénico escrito por Paula Carballeira e dirixido por Fina Calleja, baseado na figura da pedagoga María Barbeito. As protagonistas, interpretadas por Mónica Camaño e Anabell Gago, atópanse no pasamento da súa mestra e conducen ao espectador por unha senda emocional que arranca desde que se coñecen na escola antes da Guerra Civil ata os anos 70, visibilizando o retroceso vivido -especialmente para as mulleres- na educación do Estado durante esas décadas.

Esta obra foi distinguida co Premio Nacional de Literatura Dramática (2023), o Premio Follas Novas á mellor obra de teatro (2023) e o Premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade.

As entradas para este espectáculo, de 70 minutos de duración, poden adquirirse na web de Ataquilla e na billeteira do Jofre.

Lea también

Jornada de puertas abiertas en la Biblioteca Naval de Ferrol, «la cultura también se navega»

Este viernes día 23 de octubre, con motivo de la celebración del Día Internacional de …