Alumnado do Campus Industrial de Ferrol participa nun proxecto de alfabetización dixital

Alumnado do primeiro curso do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos diante da sede de COGAMI

Máis de 30 estudantes do primeiro curso do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, titulación que se imparte na Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol, están a participar no proxecto de Aprendizaxe Servizo (ApS) “Deseño e Impartición de Obradoiros de Alfabetización Dixital” que promoven os profesores Joaquín Enríquez, Begoña Álvarez e Jorge Pérez no marco da materia de “Informática Básica”.

Ademais da Asociación Sociocultural ASCM Galicia, neste curso académico 2025/26, sumáronse a esta iniciativa Cruz Vermella, Movilidad Humana e a Confederación Gallega de Personas con Discapacidad (COGAMI).

Nas distintas sesións de traballo presenciais, tanto na sede das entidades como na facultade, o alumnado comparte coas preto de 40 persoas usuarias que participan nesta actividade que é e como realizar unha navegación segura por
internet, que é e como usar un certificado electrónico ou mesmo como mellorar o seu currículo e a subilo aos distintos portais de emprego existentes. Unha metodoloxía docente que integra nunha mesma proposta formativa a aprendizaxe académica xunto coa prestación dun servizo á comunidade

A Sala de Conferencias do Edificio de Batallóns do Campus Industrial de Ferrol acolleu a primeira das sesións de gravación do podcast divulgativo que están a realización os alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias do Traballo

A maiores, o estudantado da Facultade de Ciencias do Traballo está a gravar, no Campus Industrial de Ferrol, un podcast divulgativo que se emitirá, ao longo do ano 2026, en Rádio FilispIM grazas ao convenio de colaboración que a emisora ten asinado coa Universidade da Coruña (UDC) para a difusión dos Proxectos de Aprendizaxe Servizo (ApS).

Lea también

Abierta la inscripción en el máster Erasmus Mundus RESCO que acogerá la Politécnica de Ingeniería de Ferrol

El máster Erasmus Mundus Renewable Energy and Sustainable Construction – RESCO abre el plazo de …