A UDC impulsa formación sobre restauración ecolóxica e infraestrutura verde co proxecto Green Gap

As actividades buscan mellorar as capacidades técnicas e fortalecer a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal para crear territorios máis verdes, sostibles e resilientes.

A Universidade da Coruña celebrará dúas actividades formativas no marco do proxecto POCTEP Green Gap, centradas na renaturalización urbana e a restauración ecolóxica. Ambas accións desenvólvense dentro da Rede Transfronteiriza de Coñecemento e Formación en Infraestrutura Verde e da Green Gap Academy, co obxectivo de
fortalecer a capacidade técnica de administracións, profesionais e cidadanía na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal.

O curso “Avaliación e seguimento de Estratexias de Infraestrutura Verde e de renaturalización urbana” impartirase o mércores 26 de novembro no CITEEC, Campus de Elviña, a cargo de Francisco Alberto Varela García, director do Departamento de Enxeñaría Civil e investigador principal do proxecto Green Gap na UDC. A formación ofrece unha visión práctica sobre renaturalización urbana e ferramentas de avaliación, incluíndo o sistema de indicadores do proxecto Green Gap e o seu visor cartográfico, permitindo ás persoas participantes aplicar os coñecementos na planificación e seguimento da infraestrutura verde local.

Ao día seguinte, o xoves 27 de novembro, terán lugar as xornadas “Retos e oportunidades para a restauración ecolóxica na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal”, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. A primeira conferencia, impartida por Francisco Javier Sanz Larruga, catedrático de Dereito Administrativo da UDC, abordará a Lei de Restauración da Natureza da UE. A investigadora do Programa de Doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión, Yaiza Rodríguez Lueje, analizará o papel das especies exóticas invasoras e a necesidade da súa xestión na infraestrutura verde local.

Estas accións buscan incrementar a cooperación transfronteiriza e a formación técnica en materia de restauración ecolóxica, infraestruturas verdes e deseño de paisaxes resilientes, contribuíndo a territorios máis sostibles, biodiversos e adaptados ao cambio climático.

Con estas actividades, a Universidade da Coruña e o resto de socios do proxecto Green Gap reforzan o seu compromiso coa formación técnica, a cooperación transfronteiriza e a sustentabilidade, contribuíndo á creación de territorios máis verdes, biodiversos e resilientes aos efectos do cambio climático en Galicia e no norte de Portugal.

http://FORMULARIO DE INSCRICIÓN CURSO MÉRCORES 26

http://FORMULARIO DE INSCRICIÓN XORNADAS XOVES 27

 

Lea también

Dous estudantes de máster da EPEF obteñen as Bolsas de Verán do Campus Industrial de Ferrol

Os beneficiarios desta IV convocatoria realizarán prácticas, entre os meses de xullo e setembro, no …