BNG reclama mellorar de forma urxente a comunicación ferroviaria da comarca de Ferrol

Néstor Rego e Pilar Lozano participan nun acto coa veciñanza en Ferrol para explicar os avances recollidos no Acordo de Investidura e as propostas do BNG para modernizar e mellorar o ferrocarril. Poñen en valor o traballo realizado para desbloquear proxectos pendentes necesarios para a modernización das infraestruturas ferroviarias.

O Bloque Nacionalista Galego mantivo en Ferrol un encontro coa veciñanza para abordar a situación do ferrocarril na comarca e dar a coñecer as propostas e o traballo desenvolvido pola formación nacionalista nas Cortes do Estado e na comarca de Ferrol para mellorar os servizos ferroviarios. O acto contou coa participación do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a responsábel comarcal do BNG, Pilar Lozano.

Durante a súa intervención, Néstor Rego destacou que grazas ao Acordo de Investidura conseguido polo BNG o executivo comprometeuse a impulsar actuacións concretas en materia ferroviaria que afectan directamente á comarca de Ferrol, entre elas a modernización da liña Ferrol-A Coruña, o impulso do by-pass de Betanzos e a mellora da liña de ancho métrico (FEVE) Ferrol-Ribadeo, así como o estudo e posta en marcha dun servizo de cercanías ferroviarias na Galiza.

 

“Por primeira vez hai compromisos reais para avanzar nas melloras ferroviarias que o BNG leva décadas reclamando. Estes compromisos foron arrincados coa capacidade que, a día de hoxe, ten o BNG en Madrid que logrou desbloquear esta situación de parálise histórica dos goberno de PP e PSOE no Estado. No entanto, o avance prácticodestas actuacións estase demorando excesivamente polo que o BNG reclama ao Ministerio de Transportes que cumpra os seus compromisos coa Galiza e con Ferrol e acometa estas actuacións o antes posíbel” subliña Rego.

O deputado nacionalista lembra que o BNG leva décadas reclamando actuacións que permitan mellorar as infraestruturas e reducir os tempos de viaxe entre Ferrol e A Coruña, a través da electrificación, a duplicación de vía e o by-pass en Betanzos, así como para incrementar as frecuencias e mellorar o material rodante na liña FEVE.

Rego incide tamén na necesidade de implantar un servizo de proximidade ferroviaria que conecte de maneira eficaz as principais vilas da rexión e facilite o desprazamento diario da veciñanza.

“A área Ferrol-A Coruña supera os 650.000 habitantes, unha cifra máis que suficiente para contar cun servizo de cercanías, como teñen outras zonas do Estado con moita menos poboación. Non hai razón técnica nin económica para manter esta  discriminación, só falta vontade política” denuncia.

O BNG, a carón da veciñanza e as demandas xustas

Pola súa parte, Pilar Lozano, responsábel comarcal do BNG, puxo o foco nas consecuencias que a falta de investimentos e planificación ferroviaria ten para a comarca: “leva anos sufrindo un illamento ferroviario que condiciona o seu desenvolvemento económico, laboral e social. É imprescindíbel que se dean pasos firmes para transformar o tren nun servizo útil, eficiente e sustentábel, que conecte a comarca co resto do país e mellore a calidade de vida da veciñanza” afirma.

Lozano lembra que o BNG mantén unha liña de traballo constante co tecido social e as plataformas veciñais da comarca que reclaman un transporte público digno e de calidade, e destaca a importancia de seguir mobilizando á veciñanza para exixir que os compromisos adquiridos se concreten en prazos e investimentos reais.

O BNG reitera que a mellora da rede ferroviaria na comarca de Ferrol é unha prioridade estratéxica para vertebrar o territorio, combater o illamento e avanzar cara a un modelo de mobilidade máis sustentábel, e insiste en que o BNG, con máis forza en Madrid, será capaz converter estes compromisos en realidades palpábeis.

Lea también

El BOE publicará el viernes la declaración de Ferrol como «Lugar de Memoria Democrática» por su lucha antifranquista

Gómez Besteiro avanza la publicación que incorporará a la ciudad naval al inventario nacional. El …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *