Cites crea a segunda ruta turístico comercial para «almorzar en Ferrol»

Dentro do conxunto de rutas temáticas que está a crear Cites grazas á axuda de promoción económica do Concello de Ferrol e, tras FERROL EN DOCE, deseñada o ano pasado para invitar a turistas, visitantes e aos propios ferroláns e ferrolás a descubrir as pastelerías da cidade á vez que coñecen o patrimonio cultural e monumental, agora chegou o momento de desfrutar dun rico, completo e variado almorzo en Ferrol.

 

Baixo o título ALMORZAR en Ferrol”, a ruta fai un percorrido por cinco establecementos que ofrecen almorzos moi especiais, cunha variedade de produtos doces e salgados que van moito máis aló do clásico café con leite con torrada ou algo de repostería. Agora o almorzo está de moda e permite incorporar prácticamente calquer alimento cunha creatividade inusual ata fai moi pouco tempo.

A ruta propón locais da Madalena como CAFETEA e AL TOQUE, ou MANO NEGRA e BIQUIÑOS DOCES de Esteiro e o GRAN VÍA, mítico entre os míticos, na Estrada de Castela, en Porta Nova. Porque como dín o dicho hai que “almorzar como un rei, xantar como un señor e cear como un esmoleiro”.

 

Este tipo de iniciativas invitan a descubrir turísticamente a cidade cun motivo comercial, diferente eatractivo. A proposta queda recollida nun folleto que está a disposición do público tanto nas oficina de turismo como nos citados establecementos.

Lea también

Ferrol cubre 391 plazas en los campamentos de verano para facilitar la conciliación familiar

El Concello de Ferrol ha publicado la lista provisional de personas admitidas en los campamentos …