O BNG de Ferrol esixe o Estado a reparación integral da estrada FE-13

Estrada FE-13. Fuente Bng-Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol demanda, unha vez máis, a reparación integral da FE-13 por parte da Demarcación de Estradas do Estado dependente do Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible. A estrada FE-13, de titularidade estatal, é unha das que máis tránsito soporta dentro da cidade, por ela pasan milleiros de coches a diario, esta comunica a estrada de Catabois coa Estrada de Castela dando acceso o polígono da Gándara e con saídas importantes a AP9 e ao parque comercial do Boial. 

O concelleiro nacionalista Roberto Montero denuncia a perigosidade desta estrada debido ao seu estado “é unha das estradas con máis taxa de accidentes na que non paran de producirse fochancas e o único que se fai son remendos cativos que por riba botan meses sen que se lles pinte a sinalización horizontal” e esixe o arranxo integral da vía “ pedimos que se acometa dunha vez un amaño integral e non por fascículos que nunca rematan”.

Montero tamén lamenta que o goberno municipal do PP se limite a pedir a transferencia dun tramo sen esixir de forma contundente a reparación na súa totalidade “supoñemos que o goberno de Rei Varela está calado debido a que non pode predicar co exemplo, a maioría de estradas municipais están tamén nun estado calamitoso, e carecen dun plan ambicioso de reparacións”. 

Dende a fronte nacionalista tachan de intolerable o comportamento e o abandono o que ten sometido a Ferrol e comarca o Ministerio de transporte e mobilidade, tanto no mantemento das súas estradas como na ausencia de melloras no ferrocarril que foron comprometidas no acordo de investidura co BNG, o que se suma o desleixo da Xunta de Galiza que non da solucións as grande deficiencias do transporte de pasaxeiros por estrada, isto fai que a veciñanza sufra grandes problemas de mobilidade e en moitos casos teña que recorrer como única solución o vehículo privado sempre máis caro e contaminante.

Lea también

Rueda celebra la «primera autorización» para que SAIC llegue «a buen puerto» en Ferrol

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, ha celebrado como «una buena noticia» que el …