A Universidade da Coruña celebra o día 30 de outubro IMPULSA-T, a Feira de emprendemento e de apoio ao emprego, en Ferrol

Feira 2024-pavillón de Esteiro

A Universidade da Coruña celebrará os vindeiros 29 e 30 de outubro a primeira edición de IMPULSA-T, a feira de
emprendemento e de apoio ao emprego que servirá de punto de encontro entre empresas, entidades e estudantado da UDC co obxectivo de favorecer o coñecemento mutuo, explorar oportunidades profesionais e activar o futuro
laboral e emprendedor da contorna.

A iniciativa, impulsada pola Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade da Universidade da Coruña, conta coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e desenvolverase o día 29 no
Pavillón de Deportes do Campus de Elviña, na Coruña, e o día 30 de outubro será a quenda do Campus Industrial de Ferrol.

Campus de Ferrol
O día 30 será a quenda da feira no Campus de Ferrol, no que se prevé a implantación de 48 stands nas que se tocarán diferentes ámbitos produtivos, ademais da celebración do FESTALENT-III Feira de empresas e talento do Campus Industrial de Ferrol

Así na parte de IMPULSA-T estarán presentes os sectores naval, industrial, metal-mecánico, textil-moda, enerxía, defensa, madeira e deseño, alimentario, entidades de integración social, xestión e valorización de residuos, gran
distribución, consultoría, etc. Un abano que se completarán cos colexios profesionais como os de enxeñeiros e clústeres.

O estudantado asistente poderá coñecer as demandas de Abance Ingeniería; Accenture; Acebrón Group; ALUMAN; Antea Group España y Latinoamérica; Applus+; Armada; (ACLUNAGA) Asociación Clúster Naval Gallego (ACLUNAGA); AJE Ferrol, Eume y Ortegal; COGAMI; Ceoticor; COIN_Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos; COFER; CT Ingenieros; Detegasa; Elecnor; El Pulpo; Finsa; Fridama; Ghenova Ingenieria; Cándido Hermida; Grupo Gabadi; Grupo INTAF; Grupo JRILO; Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia (ICOIIG); Inserta Empleo (Fundación ONCE); INVALL; INYCOM; Leroy Merlin; Nauterra (Grupo Calvo); Navantia S.A.; Norvento Enerxía; PwC; Quest Global; Reganosa; Techno Pro Hispania Ekium; Técnicas de Soft, S.A. Universidade da Coruña (Emprego UDC); VOLTAN (MMYPEM y TEIGA-TMI); Xuventude Mentoring; ASIME; TTalent; Qatro; Genesal Energy; ElectroRayma; Ibercisa; WindWaves; e  Gauzón Ibérica.

Estes expositores representan unha ampla variedade de sectores estratéxicos, con especial presenza dos ámbitos tecnolóxico, da consultaría e da enxeñaría, así como das finanzas, o dereito, os servizos empresariais, a industria, a
enerxía, a construción, o comercio, o consumo, a construción naval, a educación e as administracións públicas.

Durante toda a xornada, o público poderá participar en reunións próximas e informais nos stands de cada empresa coas persoas representantes destas

Lea también

El Ministerio inicia la tramitación del concurso de transición justa de As Pontes para sustituir carbón por renovables

El Ministerio abre consulta pública para adjudicar la capacidad de acceso del nudo de Maciñeira …