“Renegade Jammer”, nado no Campus Industrial de Ferrol, premio ao Mellor Xogo Académico no BCN Game Fest

A coordinadora do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, Luz Castro, xunto co alumnado egresado deste título da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no stand da
Universidade da Coruña (UDC).

“Renegade Jammer”, un título nado como traballo final do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogo, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), vén de acadar o Premio ao Mellor Xogo Académico na oitava edición do BCN Game Fest by IndieDevDay que tivo lugar, do 10 ao 12 de outubro, en La Farga de Hospitalet de Llobregat (Barcelona).

O alumnado egresado da Universidade da Coruña (UDC) comparte galardón co estudantado da Escola de Noves Tecnologies Interactives (ENTI), adscrita á Universitat de Barcelona (UB), quen presentou o videoxogo “Fragments of the Abyss”.

Tal e como indican desde a organización da BCN Game Fest by IndieDevDay, as persoas que integraron o xurado valoraron os seguintes aspectos dos proxectos das 12 institucións académicas participantes: a arte, o nivel dos
acabados, o deseño de niveis, as mecánicas, a innovación, o son e a música e, por último, o game feel, ou o que é o mesmo, a sensación inmaterial e táctilm que experimenta o xogador ou xogadora. A Mención de Honor foi para o
alumnado de TecnoCampus, centro adscrito á Universitat Pompeu Fabra (UPF), co título “Danger Zone”.

Detrás de “Renegade Jammer” están os antigos estudantes do Campus Industrial de Ferrol, Andrea Alonso, Álvaro Martos, David Muradás, Gael Alberto Quintela, Andrea Salgado e Manuel Sanjurjo. Xuntos conforman Team Kaulu, o estudo que está a desenvolver este xogo de plataformas 3D no que a súa protagonista, xunto con outros compañeiros e compañeiras de viaxe, terá que irromper nas instalacións que esta compañía, dedicada ao estudo das mutacións xenéticas con fins pouco éticos, ten en varias galaxias co obxectivo de boicotear os seus sistemas informáticos e deter a súa actividade.

Primeiro Premio ao Mellor Xogo Indie no Lérez Up de Pontevedra

Con todo, esta non é a primeira vez que o estudo Team Kaulu presenta “Renegade Jammer” en público e obtén algún galardón ou recoñecemento. En novembro de 2024 participaron na ExpOtaku, en ExpoCoruña e, máis
recentemente, a mediados de setembro, no Lérez Up de Pontevedra onde conseguiron o Primeiro Premio ao Mellor Xogo Indie.

O evento de videoxogos máis grande do sur de Europa

A oitava edición da BCN Game Fest by IndieDevDay vén de consolidar a súa posición como o evento de videoxogos máis grande do sur de Europa. As cifras avalan o crecemento dunha feira internacional que reuniu a máis de 17.000
persoas visitantes, a 180 estudos (con máis de 200 xogos exhibidos), a 40 publishers internacionais e locais e a 12 institucións académicas participantes.
Programando, a maiores, máis de 65 conferencias, paneis e obradoiros, así como máis de 1.200 reunións de negocio.

 

Lea también

El Campus Industrial de Ferrol y el IGADI analizan las relaciones entre Galicia y China en el diálogo Oriente-Occidente

El Salón de Grados de la Facultad de Humanidades y Documentación acoge, el miércoles 29 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *