O BNG de Ferrol, cualifica os orzamentos da Xunta 2026 para Ferrol como unha farsa e antisociais

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, cualificou os orzamentos da Xunta 2026 para Ferrol como «uns orzamentos antisociais que aproveitan os problemas da veciñanza par favorecer ás grandes empresas e construtoras, ao tempo que anuncian investimentos que son unha farsa porque no mellor dos casos, demoran anos en facerse realidade».

Rivas, sinalou que «un exemplo paradigmático disto é a situación de parálise en que se atopan as obras do saneamento no rural.Para este ano 2026 prevese a execución de 1,3M de euros, que sumados aos 0,4M do ano pasado e as previsións orzamentarias de anos anteriores, que van desde os 0,3M aos 2,5M, implicarían que o saneamento no rural debería estar feito dúas veces».

«O mesmo podemos dicir respecto dos investimentos na área sanitaria de Ferrolterra e no CHUF, un “clásico” dos orzamentos da Xunta do PP, que leva décadas prometendo estas obras ao mesmo tempo que pecha consultorios ou servizos como o de pediatría en Cedeira, mantén infraestruturas obsoletas e sen duchas como o extremo Sur do Arquitecto Marcide, instalacións infrautilizadas como o Hospital Militar ou o Novoa Santos e incrementa as listas de espera na atención primaria. Por outra parte, a intención do PP de aproveitar os problemas da veciñanza para favorecer ás grandes empresas é evidente».

Así, Rivas sinalou que «mentres en 2026 en Ferrol o SAF continuará infrafinanciado, se executa a maior vaga de recorte nos centros de ensino da cidade e centros como o IES de Ferrol Vello ou o Concepción Arenal non teñen cubertas necesidades básicas como un pavillón polideportivo ou que non chova nas instalacións do centro, a veciñanza soporta o colapso do transporte público e a existencia dunha estación fantasma, o PP anuncia 100.000 euros ( outra vez) para unha estación intermodal que sabe que non se vai a construír e garda as costas das concesionarias dos servizos de transporte, sube a presión fiscal á xente implementando o canon de SOGAMA e aproveita a crise da vivenda para asignar contratos millonarios e rebaixar tributos ás grandes construtoras e fondos boitre negándose a intervir na regulación do prezo da vivenda, que é o que ten provocado a actual crise habitacional».

Por último o portavoz nacionalista preguntouse «onde quedaron as promesas de rehabilitación da Casa de Carvalho Calero, da declaración do peirao como zona franca, a demanda da transferencia da antiga FEVE ou a política industrial que ía promover o PP desde a Xunta de Galiza».

Lea también

Psoe Ferrol insta ao Goberno local á execución dos proxectos dos parques caninos elaborados polo anterior goberno

«O Goberno local ten totalmente abandoados os parques caninos da nosa cidade. En máis de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *