«O Goberno local ten totalmente abandoados os parques caninos da nosa cidade. En máis de dous anos de goberno non foi capaz nin de executar os proxectos que xa herdou redactados nin de regular o mantemento dos existentes».
O grupo socialista de Ferrol esixiu, novamente ao goberno local que «deixe de ter abandonadas ás mascotas da nosa cidade. “Estamos cansos de insistir en que se executen os proxectos que o anterior goberno deixou redactados, así como de facer propostas de mellora para conseguir unha rede de parques caninos na nosa cidade dignos das mascotas, pero ditas propostas de mellora caen sempre en saco roto, nin caso, e o resultado é evidente”, sinalou o concelleiro socialista Germán Costoya.
Como explicou o edil, «dende o primeiro día que chegou o alcalde, o goberno local dispoñía dun proxecto para o primeiro parque canino en Caranza adxudicado para a súa execución, dun proxecto para o novo parque canino en Canido, dun proxecto para a reparación integral do parque canino do Bertón e dun proxecto para a reparación integral do parque canino do Diapasón”, afirmou o concelleiro socialista.
A continuación, o concelleiro socialista detallou o estado dos parques caninos na cidade e as propostas que se teñen feito, sin éxito, ao goberno local:
Parque canino de Caranza: “A construcción deste novo parque canino xa estaba adxudicada cando chegou o alcalde ao goberno. Lamentamos que o goberno actual se estea esquecendo de facerlle o mantemento que lle corresponde”.
Parque canino de Canido: “Deixamos redactado o proxecto dun novo parque canino, tan só tiñan que adxudicalo e executalo, máis de dous anos despóis ainda non está totalmente rematado nin ten mantemento contratado”.
Parque canino de O Bertón: “Tamén deste parque canino deixamos redactado o proxecto para a súa mellora integral, incluindo un novo peche ríxido, pero a día de hoxe non teñen nada feito ao respecto”.
Parque canino do Diapasón: “O alcalde recibíu tamén o proxecto redactado para a súa mellora integral, incluindo un novo peche ríxido, pero tampouco neste caso teñen nada feito. Además, fíxose unha proposta ao goberno para que estudiase a posibilidade de, unha vez finalizadas as obras da avenida de As Pías, ampliar dito parque dada a cantidade de zoa verde que quedou disponible, pero a resposta foi, coma sempre, non facer nin caso”.
Parque canino do Inferniño: “Neste caso, xa estaba acordada coa Asociación de Veciños a ubicación dun novo parque canino na zona do Palco das Ánimas. Incluso, tras anunciar a Xunta de Galicia a construcción dun novo parque canino en Ferrol, o grupo socialista propuso que fora este o que se fixera, xa que o existente no barrio non se pode calificar de parque canino e ademáis podería facilitar o uso tamén á veciñanza máis cercana de Santa Mariña e de San Xoán, pero, coma sempre, as propostas do grupo socialista caeron en saco roto”.
“Tras máis de dous anos non fixeron os parques caninos que quedaron proxectados e non fan nin o máis mínimo mantemento dos que hai, nin tan siquera o teñen proxectado, o deixamento, o abandono das nosas mascotas por parte do goberno de Rey Varela é
intolerable”, afirmou Germán Costoya. “Non se pode facer menos, nin peor, con trece concelleiros e once asesores, o único que lle importa ao alcalde é facer anuncios e máis anuncios de obras coma “abrir Ferrol ao mar” ou a “Cidade do deporte” mentres o día a día da cidade o ten totalmente abandoado”, dixo o concelleiro.
“Téñense gastado máis cartos en facer autobombo con dibuxiños e videos destas obras do que costaría facer todos os parques caninos que herdou do goberno anterior, é lamentable”, finalizou o concelleiro socialista.