O Pleno de Narón insta á Xunta a non recortar profesorado nin unidades nos colexios da Gándara e Solaina

Na sesión plenaria celebrada na mañá deste xoves 31 de xullo no Concello de Narón aprobouse por unanimidade o convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello para a xestión e o cofinanciamento da escola infantil de Xuvia, que permanecerá en vigor dende o 1 de setembro deste ano ata o 31 de agosto de 2029.

O centro ten unha capacidade máxima de seis unidades e 82 prazas en conxunto, sendo o importe máximo do gasto de 123.000 euros por ano, tal e como se recolle no acordo. Aprobáronse tamén por unanimidade no pleno os festivos locais correspondentes ao vindeiro ano, que serán o 17 de febreiro, Martes de Entroido, e o 23 de novembro, Día de Narón.

Así mesmo, aprobouse de xeito definitivo a modificación dalgúns artigos da ordenanza sobre protección e tenza de animais de compañía e animais potencialmente perigosos, tras resolver as alegacións presentadas ao documento. No apartado de mocións, saíron adiante as dúas presentadas polo BNG, unha para abrir o proceso de subvencións por carácter competitivo e nominativas mediante un modificado de crédito e outra instando á Consellería de Educación a non recortar en profesorado e unidades nos colexios da Gándara e da Solaina. O PP presentou unha moción sobre o financiamento da atención á dependencia e outra sobre as obras da rede de sumidoiros no núcleo de Aldea de Ferrerías, na estrada do Trece, ambas tamén aprobadas na sesión plenaria.

Pola súa banda, o PSOE presentou tamén dúas mocións, unha conxunta co PP e o BNG sobre as obras de consolidación e ampliación da moenda de Castro e outra unicamente dos socialistas sobre a modificación da ordenanza que regula a taxa pola celebración de matrimonios civís en Narón. Neste caso tamén saíron adiante as dúas mocións.

No caso da primeira delas, dende o goberno local recordouse que o proxecto de urbanización e as licencias son actos regrados e que paralizar as obras dun proxecto aprobado e firme é ir contra a lei. O proxecto aprobouse no ano 2022 e contou con publicidade a través do Boletín Oficial da Provincia da Coruña, do taboleiro de anuncios do Consistorio, do xornal de maior tirada na zona e foi notificado a afectados polas obras.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …