A Deputación da Coruña subvenciona con 509.000€ investimentos culturais de entidades sen fins de lucro

Os cen beneficiarios recibirán axudas de entre 3000 e 13 000 €. O Boletín Oficial da Provincia publica o xoves 31 a concesión definitiva do programa FO204, de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de investimentos culturais durante o ano 2025. A administración provincial inviste 508.935 euros, repartidos entre cen beneficiarios, que recibirán axudas de entre 3.000 e 13.000 euros.

As subvencións distribúense así:

61 entidades que desenvolven a súa actividade ordinaria na provincia da Coruña: 317 449 €.

5 entidades que desenvolven a súa actividade ordinaria tanto dentro como fóra da provincia da Coruña: 21 441 €.

8 entidades veciñais e de tempo libre: 33 290 €.

9 entidades socioeducativas: 36 472 €.

4 entidades representativas dos diferentes sectores profesionais e amadores da cultura galega: 16 444 €.

3 fundacións e entidades titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas: 83 836 €.

«Na área de Cultura da Deputación», sinalou a titular do departamento, Natividade González, cremos firmemente que investir en cultura é investir no benestar da nosa sociedade. É investir en coñecemento, en creatividade, en cohesión social e en oportunidades. Por iso, seguiremos traballando para facilitar os recursos necesarios que permitan ás nosas entidades culturais seguir medrando e desenvolvendo todo o seu potencial».

A relación de beneficiarios pode consultarse no BOP do 31 de xullo.

Lea también

La actriz ferrolana Luma Gómez, Premio de Honra Marisa Soto en los María Casares

La Xunta Directiva de la Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) ha acordado …