Minuto de silencio ante o Concello de Narón en repulsa do homicidio de Teresa de Jesús en Porriño

A rexedora local, Marián Ferreiro, presidiu este mediodía a concentración realizada ás portas do Concello en memoria de Teresa de Jesús, unha muller de 48 anos e natural de Mos (Pontevedra) traballadora do Servizo de Axuda no Fogar asasinada o pasado martes no municipio de Porriño cando desenvolvía o seu labor atendendo a unha usuaria do citado servizo.

O presunto autor do homicidio é Enrique Leirós, septuaxenario e home da usuaria do SAF á que atendía a vítima.

A rexedora local estivo acompañada polo voceiro de TEGA, Román Romero, o edil do PP Gonzalo Iglesias e representantes do BNG e PSOE municipal, así como de traballadoras e traballadores do Consistorio. Dende a cidade gardouse un minuto de silencio en memoria da vítima e para condear tamén este crime e amosar a solidariedade co colectivo do SAF.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …