Axenda en Narón do 24 ao 27 de xullo

 

Xoves 24 de xullo de 2025

Actividade: Feira da cervexa artesá. Lugar: Parque do río Freixeiro. Hora: Apertura ás 19:00 horas.

O Concello organiza este evento, no que participarán cervexeiros procedentes de Galicia e Madrid e onde haberá sete gastronetas cunha ampla oferta gastronómica. Obradoiros, concursos e concertos completan a programación das catro xornadas. (Adxúntase o cartaz do evento coa programación dos catro días).

Venres 25 de xullo de 2025

Actividade: Impact Returns. Lugar: Pavillón Campo da Serra. Hora: Dende as 14:00 ata as 23:00 horas.

Esta fin de semana levarase a cabo o evento, que reunirá a unhas 400 persoas procedentes de Galicia, outras comunidades e mesmo outros países. O Concello organiza o evento coa Asociación Impact.

Actividade: Feira da cervexa artesá. Lugar: Parque do río Freixeiro. Hora: Dende as 13:00 e concerto ás 22:00 horas.

Sábado 26 de xullo de 2025

Actividade: Impact Returns. Lugar: Pavillón Campo da Serra. Hora: Dende as 10:00 ata as 23:00 horas.

Actividade: Feira da cervexa artesá. Lugar: Parque do río Freixeiro. Hora: Dende as 13:00 e obradoiros dende as 19:00 horas.

Domingo 27 de xullo de 2025

Actividade: I Carreira Andadura Cidade de Narón. Lugar: Rúa Panadeiros (Fronte ao almacén de Lidl no polígono de Río do Pozo). Hora: Dende as 10:30 ata as 20:00 hotas.

O Concello e a Asociación de Cabaleiros de Narón organizan este evento, no que participarán uns 150 equinos. A maiores das carreiras, na zona instalarase un posto de venda de polbo e churrasco e haberá tamén ás 17:30 horas un paseo infantil en cabalo de balde para aqueles que queiran realizalo.

Actividade: Impact Returns. Lugar: Pavillón Campo da Serra. Hora: Dende as 10:00 ata as 23:00 horas.

Actividade: Feira da cervexa artesá Lugar: Parque do río Freixeiro Hora: Dende as 13:00 e obradoiro dende as 17:30.

Lea también

Aberto o prazo de inscrición en Narón nas actividades do programa municipal de Envellecemento Activo e nas de carácter interxeracional

A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, recordou este martes que permanece aberto ata finais …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *