Aberto o prazo de inscrición en Narón nas actividades do programa municipal de Envellecemento Activo e nas de carácter interxeracional

A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, recordou este martes que permanece aberto ata finais deste mes o prazo de inscrición nas actividades do curso 2025-2026 do programa municipal de Envellecemento Activo de Narón. Desenvolveranse no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, no centro das Vivendas da Mariña e en centros cívicos sociais da zona urbana e rural, ao igual que en anos anteriores.

Trátase de propostas dirixidas a persoas maiores de 60 anos, empadroadas en Narón, no caso deste programa, se ben as actividades interxeracionais do programa comunitario diríxense a persoas de todas as idades, tendo preferencia tamén as empadroadas na cidade. As inscricións deben formalizarse nas oficinas do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, en horario de 10:00 a 13:30 horas.

Estes programas ofertan diversas propostas, como ximnasia rehabilitadora, pilates, bailes de animación, redes sociais (informática), e ioga. Así mesmo, contémplanse outras actividades, como obradoiros de móvil, de memoria e cantos de taberna e propostas de balde como informática ou obradoiros de lectoescritura, o de enredamos, e o de acompañando na soidade. Todas elas se impartirán no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.

As actividades descentralizadas nos centros cívicos sociais da zona urbana e rural serán as de ximnasia rehabilitadora, ioga, labores –de balde- e memoria.

A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, incidiu en que se trata de propostas “que ano tras ano teñen moi boa acollida entre a cidadanía” e que se programan “co fin de mellorar a calidade de vida das persoas, favorecendo as oportunidades para unha vida saudable e participativa”.

Lea también

Medio milleiro de persoas acudiron en Narón á XXV Festa Gastronómica do Pemento do Couto

A parroquia naronesa do Couto acolleu este domingo a celebración da XXV Festa gastronómica do …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *