O Concello de Narón abrirá o vindeiro martes o prazo de inscrición nun curso de Electricidade fotovoltaica

O prazo de inscrición abrirá o martes 29 de xullo ás 8:30 horas e rematará o 4 agosto ás 13:00 horas.

A edil de Narón, Natalia Hermida

O Concello de Narón convoca, a través do Programa Municipal de Formación, un curso de Electricidade fotovoltaica. A edil responsable da área de Formación, Natalia Hermida, explicou que se trata dunha acción programada para levar a cabo do 11 de agosto ao 18 de novembro nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na
Gándara.

A convocatoria, cun total de 15 prazas, diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón, se ben tamén se poderán inscribir as empadroadas noutros concellos, que accederán ao curso no caso de que non se cubran as prazas con persoas empadroadas en Narón.

Prevención de riscos laborais, convenio da construción; normativa legal específica; electricidade básica, magnitudes, simboloxía, instrumentos de medidas; compoñentes e funcionamento xeral das instalacións fotovoltaicas; organización e montaxe mecánica das estruturas de soporte; protección das instalacións eléctricas… forman parte dos contidos que se abordarán nesta acción formativa. En total impartiranse 350 horas e outras 15 de módulos adicionais e haberá tamén prácticas profesionais non laborais en empresas do sector.

As clases impartiranse de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 do 11 de agosto ao 31 de outubro e as prácticas en empresas serán sete horas ao día no horario que se determine (do 3 ao 18 de novembro). O prazo de inscrición, tal e como recordou Hermida, abrirá o martes 29 de xullo ás 8:30 horas e rematará o 4 agosto ás 13:00 horas. Poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica e a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no rexistro.

A edil de Formación agradeceu novamente a colaboración das empresas nas que o alumnado deste curso poderá realizar a parte práctica e animou ás persoas interesadas a inscribirse nesta acción formativa, de balde e programada nun sector cunha importante proxección.

Para máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario municipal, a través do teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

Lea también

O parque de Freixeiro en Narón acolle a I Feira da cervexa artesá

O parque de Freixeiro acolle dende este xoves 24 ata o domingo 27 a primeira …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *