Neda impulsa en agosto un programa semanal de lecer activo para o público infantil

A actividade terá un coste de 15 euros, e as prazas son limitadas.

Pista polideportiva dos Subarreiros-archivo

Coa vista posta no mes de agosto, e co obxectivo de evitar que os rapaces/as caian no sedentarismo durante as vacacións escolares, o Concello de Neda pon en marcha o programa “Deporte verán” con sesión semanais de actividades recreativas para os nenos e nenas. 

A pista polideportiva dos Subarreiros será o escenario desta nova iniciativa, destinada a menores de entre 3 e 12 anos, que incluirá actividades predeportivas, deportes alternativos como o slackline, xincanas e circuítos de habilidade para fomentar unha vida activa.

As actividades levaranse a cabo todos os luns de agosto, entre as 11 e as 13 horas. Serán pois catro xornadas (os días 4, 11, 18 e 25 ), que veñen a completar as actividades que se desenvolven na piscina municipal. Será pois unha oportunidade para que o público infantil comparta un bo rato de lecer con amigos e amigas e con xente da súa mesma idade.

As inscricións tramitaranse a través da piscina municipal, en horario de apertura das instalación (de luns a venres, de 15.30 a 20:30 horas e as fins de semana e festivos dende as 12 horas). Nese tempo poderase pedir información adicional ao 618091015.

A actividade terá un coste de 15 euros, e as prazas son limitadas.

 

Lea también

El judoca Mario Tenreiro consigue la medalla de bronce en el Campeonato de España Junior

Gran resultado de la Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra en el Campeonato de España Junior celebrado …