O Concello de Ferrol, a través da concellería de Promoción Económica, que dirixe María Teresa Deus, ven de presentar na Mesa Local de Comercio celebrada esta mañá no pazo municipal un plan para a revitalización do tecido comercial da cidade. O equipo de goberno propúxose, entre outros obxectivos, mellorar a competitividade dos negocios de proximidade a través dun comercio dinámico, innovador e que responda ao novo estilo de vida e ás novas tendencias do consumidor. Para elo, o Concello busca favorecer a consolidación do tecido comercial e aumentar o interese da cidade na zona metropolitana co obxectivo de frear a perda de poboación e incentivar a actividade nos comercios de proximidade evitando a fuga ou dispersión dos compradores.
A concelleira mostrou aos asistentes á Mesa Local de Comercio de Ferrol celebrada hoxe —representantes das asociacións ACOF, ECHO Catabois, Ultramar Village, Comerciantes do Mercado de Recimil, Vendedores Mercado A Magdalena, HosComPro Canido e da asociación Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Ferrol— unha intervención integral para todos aqueles comerciantes da cidade que queiran desenvolver novas capacidades para atender as actuais necesidades do mercado.
O primeiro paso é dispoñer dun diagnóstico que reúna os puntos fortes e débiles da actividade comercial, e para a súa execución o Concello propón dúas actuacións. A primeira, a denominada “cliente misterioso”, consiste nunha persoa que avalía a calidade da atención ao cliente que actúa como compradora común e que posteriormente elabora un informe sobre a súa experiencia. O segundo paso é unha entrevista co responsable do comercio para tratar asuntos como a imaxe do seu negocio, estratexias de márketing dixital e de escaparatismo ou estudiar a súa situación económicafinanceira. Coa información, realizarase un informe detallado que será entregado a cada un dos comercios xunto con recomendacións concretas. Co diagnóstico conxunto, definiranse as necesidades do tecido comercial para o seu fortalecemento.
O segundo paso do plan consiste en proporcionar formación aos comerciantes en materias como técnicas de venda, promoción, escaparatismo e empaquetado, estratexias de tesourería, análises de contas ou de persoal. Los participantes no plan tamén aprenderán marketing dixital.
Para poñer en prácticas os coñecementos adquiridos, a terceira fase do programa de dinamización comercial consiste nun acompañamento e seguimento a cada un dos comercios participantes a través dunha persoa que actuará como guía proporcionando novos puntos de vista.
A cuarta fase do plan inclúe a posta en marcha de promocións cruzadas, unha posta en común entre os comerciantes para fomentar estratexias compartidas co obxectivo de fomentar alianzas comerciais e aumentar o número de vendas de productos ou servizos.
Para a concelleira de Promoción Económica, o plan supón unha “aposta firme” pola revitalización do comercio local. “É unha das prioridades deste goberno”, dixo, “apoiar aos comerciantes e contribuír á dinamización do sector”.
Creo que aún no han entendido nada. El problema del comercio no está en los comerciantes (solamente). Está, fundamentalmente, en que NO HAY TRABAJO.
Es tan simple como eso: o hay trabajo y pasta en el bolsillo, o ya se pueden hacer todas las campañas que se quieran que el asunto no pitará en la vida.
Dejaos de chorradas, y tened en claro que el único fin del concello, en estos momentos, es conseguir que crezca el empleo en la comarca. Iniciativas nuevas, inversión en startups, turismo emergente, rentabilización del patrimonio cultural, militar y natural……
El comercio actual tiene problemas, como todos. Y la formación en tecnologías digitales (es un chiste llamarlas «nuevas» tecnologías) es imprescindible y necesaria.
Pero sin trabajo, sin dinero en el bolsillo de la gente… nada que hacer.
Bueno, eso.. y que los comerciantes entiendan de una puta vez que están TODOS en el mismo barco, les guste o no.