O comedor sénior de San Pablo trasládase a outro local do centro cívico

Usuarias do comedor de San Pablo | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, ven de trasladar o servizo do comedor sénior de San Pablo desde un dos locais do centro cívico do barrio, en Catabois, a outro da mesma dependencia municipal pero “máis grande e confortable”, segundo explicou a concelleira da área. A edil anunciou que ademais do novo espazo, a concellería ten o compromiso de renovar o mobiliario ao longo deste ano.

O comedor sénior de San Pablo ten actualmente nove beneficiarios e é un dos cinco cos que conta o Concello de Ferrol xunto ao de Río Xubia, con 21 usuarios; o de Caranza, con 11; o de Canido, con 12, e o de Esteiro, con 11. En total, actualmente gozan deste servizo municipal 64 veciños.

Novos carteis

Para chegar a cubrir as 100 prazas das que dispoñen os cinco comedores sénior da cidade, o Concello xa conta con novos carteis informativos. O obxectivo é, explicou a edil, “difundir a existencia deste servizo e sensibilizar sobre os beneficios de comer en compañía”. Unha das prioridades do goberno local, dixo Martínez Montero, é “combater a soidade entre persoas maiores”.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …