O pleno aproba a prórroga por un ano máis do contrato de servizo de axuda no fogar

Fot. arch.

O pleno extraordinario celebrado na mañá deste luns aprobou a prórroga do contrato de servizo de axuda no fogar coa empresa People Plus Innovation polo período dun ano a contar dende o día 31 deste mes. O único punto do día aprobouse cos votos a favor dos grupos do PSOE e FeC e as abstencións de PP e BNG.

Responde ao lote de axuda de libre concorrencia, cuxa prestación tradúcese en 2.350 horas ao mes para un total de 122 usuarios. Dito lote está incluído no mesmo contrato que o outro servizo de dependencia e cuxa prórroga tamén aprobouse no pleno. A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, explicou que a proposta de hoxe conta cos informes favorables de Contratación, Intervención e Secretaría.

Próximo un único prego

A edil anunciou que nos próximos días propoñerá ao pleno a aprobación dun único contrato que aglutine ambos servizos. “Estamos ante un prego de gran complexidade”, dixo a concelleira, “pero fundamental para dar servizo á dependencia, isto é, ás persoas maiores e aquelas que máis necesitan noso apoio”, dixo Martínez Montero.

Lea también

El centro cívico de Caranza contará con una nueva envolvente

El centro cívico de Caranza entrará en obras en las próximas semanas, tras la adjudicación …