A ordenanza reguladora de prezos públicos pola utilización dos servizos e instalacións culturais, publicada en www.ferrol.gal, establece os prezos públicos para compensar o gasto que supón a apertura de centros culturais municipais, tales como o Teatro Jofre, o Auditorio de Caranza ou o Centro Cultural Torrente Ballester.
A intensa actividade cultural desenvolta no período 15/19, que «puxo á nosa cidade no foco do país e achegou a pé de rúa actividades de calidade, foi posible grazas a un intenso traballo, pero tamén polas facilidades dadas dende a administración local para que a nosa rede cultural puidera amosar e dar continuidade de xeración a xeración as nosas tradicións locais«, afirman dende Ferrol en Común.
Ferrol en Común observa con preocupación «como se están a producir situacións que non dan continuidade a un proxecto global que permitiu o uso de espazos públicos a agrupacións modestas pero cun fondo bagaxe, que poñen en valor talentos culturais de todas as idades ou tendencias, tales como o Conservatorio Xan Viaño, corais, colectivos e artistas locais que debemos protexer, como responsabilidade de goberno para ter un poso cultural exemplarizante e diverso«.
Observan «con consternación» como dende o actual goberno «estase a exixir o cobro dun prezo público, que na ordenanza municipal pode chegar ata os 1750€, para entidades que subsisten grazas a voluntariedade dos seus membros para transmitir ao público unha tradición cultural en risco de extinción sen o soporte público«.
Dende Ferrol en Común queren lembrar que no mandato anterior foron ducias de actuacións anuais as que se produciron nos espazos públicos dependentes do concello, «con éxito de público e satisfacción dos promotores, acolléndose ao artigo 6 da ordenanza municipal, onde claramente se permite, como así ocorreu, a exención de taxas para aqueles eventos de indubitado interese social, aprobado semana tras semana en Xunta de Goberno Local, para facilitar o desenvolvemento e transmisión cultural á veciñanza, riqueza inmaterial da cidade de Ferrol«.
Polo tanto, dende FeC, instan ao goberno actual «a unha rectificación no tratamento dado ás agrupacións que ven restrinxida a súa exposición pública por unha política abusiva de prezos, que subsisten a base do esforzo colectivo e voluntario no amor pola cultura e a tradición local, e que apliquen, como viñamos facendo, unha política de custo cero para aquelas actividades que enriquezan o patrimonio ferrolá no eido cultural«.
Humo y más humo: El gobierno anterior sólo cedía espacios a sus entidades afines, como puede decir casi cualquier asociación que no fuera de su cuerda. Todos esos espectáculos a los que acudían cuatro docenas de personas, siempre en gallego y siempre con temas de izquierdas no enriquecieron el bagaje de nadie, aparte del ego del concejal… y Ferrol no ha estado en el punto de mira de nadie salvo por las salidas de tono deFerrol en Común.
Ya está bien de decir mentiras.
Supongo que por ejemplo festivales de bandas de Semana Santa son asociaciones amigas o los 4 o 5 conciencia del Conservatorio…debería informarse un poco antes de decir tonterías. Por supuesto tengo un gran ego…y sí, Ferrol fue una referencia cultural….que le vamos a hacer
Sr Basterrechea: Como no responde usted al comentario de Opa Canido ?
Si fue una referencia cultural sería gracias a las EMPRESAS PRIVADAS que gestionaron, durante el mandato de Suso Basterrechea, las actividades y los espacios culturales y no gracias a la labor del concejal
Durante su mandato, el Sr Basterrechea, mantuvo los privilegios de los miembros de la Corporación Municipal de entrar GRATIS en el Jofre, Auditorio y Torrente en los espectáculos culturales que son de pago