Aberto o periodo de inscrición na 5º BTT Cidade de Narón Ruta dos Muiños

Begoña Espiña, José Oreona, José Luis Fernández e Natalia Hermida en rolda de prensa | Concello de Narón

Esta mañá no Concello de Narón, representantes do Club Ciclista MTB Eskornabois, Begoña Espiña e José Luis Fernández, xunto co concelleiro de Deportes, José Oreona, e a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, presentaron a 5ª Ruta BTT ‘Cidade de Narón’. Ruta dos Muíños, que se celebrará o domingo 8 de setembro con saída ás 9.30 horas da zona do Centro Comercial Odeón.

As inscricións poderán realizarse ata o día 4 de setembro e a organización espera acadar un número de participantes de ata 300 ciclistas que poderán escoller entre dous tipos de ruta: unha de dificultade baixa cun total de 30 Km. e outra de dificultade media cun total de 49 Km. Ó finalizar o percorrido, os/as ciclistas poderán facer uso das instalacións do Pavillón Polideportivo de A Gándara, aseos, etc.

Os participantes nesta ruta cicloturista pasarán por lugares tan emblemáticos coma o Mosteiro do Couto, o Muiño das Aceñas, o Río Xuvia e a área recreativa do Muiño de Pedroso. A organización quere facer notar que o percorrido desta edición é especialmente bonito e que de seguro será do gusto de todas as persoas participantes polo feito de ter contemplado nos dous tipos de rutas a posibilidade de abrir a participación a persoas máis ou menos experimentadas nesta práctica deportiva

Os representantes do Club Ciclista Eskornabois agradeceron ao Concello e Padroado de Deportes o gran apoio a este evento deportivo desde o seu inicio e que xa se pode considerar consolidado dentro das actividades deportivas anuales do municipio. Tamén agradeceron a colaboración da Federación Galega de Ciclismo, Deporte Galego, Diputación da Coruña, e outros patrocinadores privados para levar a cabo este programa deportivo cun carácter turístico que gaña adeptos/as en cada edición.

O concelleiro de Deportes, José Oreona, felicitou á organización polo traballo desenvolvido ao longo destas cinco edicións nas sempre vai a máis para satisfacción de todas as persoas participantes, e reiterou o apoio do Concello no futuro. Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, declarou unha especial satisfacción recordando os inicios deste proxecto co que colaborou desde as súas responsabilidades naqueles intres como delegada de deportes e actualmente desde a concellería de Turismo, vendo cómo ano a ano aumenta a afluencia de ciclistas que mostran a súa satisfacción.

Lea también

La colocación del campo de hierba natural del Racing de Ferrol en Mandiá entra en su fase final

La colocación de los tepes de césped natural ha comenzado y dará paso a la …