O BNG de Narón insiste en que Augas de Galiza xestione directamente a EDAR de Prioriño

O Bloque Nacionalista Galego de Narón insiste en que sexa Augas de Galiza a que xestione directamente a EDAR de Cabo Prioriño, como xa está a facer noutras perto de trinta infraestruturas de todo o país ao abeiro do artigo 32 da Lei de Augas de Galiza, aprobada no ano 2010 e segundo consta no decreto posterior, de 2012, polo que se aproba o regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais e que veñen substituír o antigo “canon de saneamento”.

Nestes intres, Narón non está a pagar polo uso da EDAR e a proposta do BNG é que se faga a través do coeficiente de vertedura e non dunha taxa municipal. Villamar lembrou que as encomendas de xestión da Xunta ao Concello de Ferrol e de este a Emafesa remataron a súa vixencia en xuño de 2016 e que ata abril deste ano non se aprobou no pleno de Ferrol, se ben non foi até o 1 de agosto cando se asinou o acordo entre a Xunta e o Concello veciño . “Entre esas dúas datas”, explicou Villamar, “algo que é competencia da Xunta, como é a ordenación do ciclo integral da auga de uso urbano e o establecemento das bases para unha xestión eficiente dos servizos de abastecemento, saneamento e depuración, estívoo a prestar dun xeito irregular Emafesa”.

O BNG lembra que desde o primeiro momento se opuxo á fórmula artellada polo Goberno do Estado e a Xunta de Galiza no convenio para a construción e explotación dos colectores e interceptores da marxe dereita da ría (2012) por ser terribelmente gravosos para a veciñanza de Narón. Así, cómpre lembrar que entre as cláusulas abusivas que consideran os nacionalistas, atópase o feito de que o Estado non puxera nin un só euro malia ser unha intervención declarada de interese xeral en 1997 e de que repartirá entre a Unión Europea (80%), Augas de Galiza (10%) e os Concellos de Narón e Ferrol (10%) o financiamento da devandita infraestrutura. “En ningunha das obras declaradas naquela altura de interese xeral se lles repercutiu aos veciños coste ningún”, sinalou o portavoz municipal, Pablo Villamar.

A organización nacionalista considera igualmente “escandoloso” que naquel acordo se derivase cara aos Concellos o gasto das obras que non estiveran rematadas a 31 de decembro de 2015, “unha situación insólita e que supón un novo agravio comparativo para o Concello de Narón”. Tampouco avalou o sistema de encomendas establecido trala posta en marcha da depuradora, polas que o Estado lle entregou á Xunta a xestión da EDAR, esta fixo o propio co Concello de Ferrol e este con Emafesa.

Nós o que queremos”, insistiu Villamar, “é que sexa a Xunta, a través de Augas de Galiza, a que se faga cargo da xestión da EDAR, como fai noutros moitos municipios do país, e que sexa este organismo o que cobre o coeficiente de vertedura. Iso sería o xusto”, rematou

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …

Un comentario

  1. No sé que organismo o ente es «Augas de Galiza». Hasta donde yo sé, es «Augas de Galicia», por mucho que se empeñe el Bloco en decirlo como quiera.