Narón acolle a feira de productos de comercio xusto #AquíeAcoláOXusto

O concello acolle unha feira de produtos de comercio xusto no marco da campaña Aquí e Acolá O Xusto, que terá lugar o vindeiro luns 3 de novembro na Praza da Gándara entre as 16:00h e as 19:00 horas.
 
 
Esta feira chega a Narón da man de Solidariedade Internacional de Galicia coa fin de seguir espallando a súa mensaxe: promover unhas relacións comerciais máis xustas entre países respectando os dereitos humanos. Os e as asistentes á feira #AquíeAcoláOXusto poderán achegarse á realidade que existe detrás de algúns dos alimentos que consumimos no noso día a día como o azucre, o cacao ou o café.
 
A través desta actividade, Solidariedade Internacional de Galicia proporciona información a cerca da súa orixes, produción, comercialización, características e variedades, así como dos problemas aos que os produtores e produtoras se enfrontan ata que esta mercancía chega as nosas mans.
 
Ademais os asistentes tamén poderán degustar variedades de café, cacao e azucre. A campaña Aquí e Acolá O Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …