A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza en Narón un Obradoiro de percusión miúda con Ramón Dopico

A Xornada terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes e será impartido por Ramón Dopico, percusionista fenés de recoñecido prestixio.

VI Xornadas Formativas en Música Tradicional de Sedes

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza para o vindeiro domingo 9 de novembro un novo obradoiro centrado na música tradicional, desta volta adicado á percusión miúda.

Este obradoiro, enmarcado dentro das VI Xornadas Formativas en Música Tradicional, que se iniciaron o pasado domingo 26 de outubro cun obradoiro de achegamento á requinta impartido polo mestre Xosé Liz continuarán o vindeiro domingo 9 de novembro cunha aula que versará sobre os instrumentos que conforman a coñecida
como percusión miúda.

A Xornada terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes e será impartido por Ramón Dopico, percusionista fenés de recoñecido prestixio e que forma parte de formacións como Pésdelan, Berros do Castro, Raparigos ou , Músicas da Redonda entre outras. O obradoiro desenvólvese en quenda de mañá entre as 10:00 e as 14:00 horas e nel, poderase ir tomando contacto con instrumentos como tarrañolas, culleres ou cunchas entre outros.

O obradoiro está pensado para iniciarse nestes instrumentos de percusión «que todas e todos temos pola casa e poder facer uso deles en festas e foliadas» e aínda queda, según informa a asociación algunhas prazas dispoñible.

Dende a Asociación Cultural Vai Rañala Meu! pretenden promover un marco formativo estable en música tradicional, para que a veciñanza poda acceder a unha formación completa neste eido. As persoas interesadas poden inscribirse escribindo ao seguinte enderezo electrónico info@acvairanhalameu.gal ou no whatsapp 616 4218 882

A actividade está organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Lea también

El ferrolano Ángel Arias recibe la beca de formación artística internacional en Suiza Centro de Arte FMJJ

La ayuda, dotada con 25.000 euros, permitirá al creador gallego cursar el Máster de Bellas …