Narón organiza un curso de defensa persoal dirixido a mulleres

O Concello de Narón abre o prazo de inscrición para un obradoiro de defensa persoal dirixido a mulleres, que se celebrar os días 22 e 29 de novembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas, nas instalacións do Centro cívico social do Alto.

A iniciativa, de carácter gratuíto, será impartida por José Rodríguez, instructor policial PSDI (Nº SDR1125) e experto en defensa persoal feminina, e contará coa colaboración de María Comillas de la Vega, doutora en Psicoloxía. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 18 de novembro, e poderá formalizarse chamando ao teléfono 633 49 79 90.

O curso abordará tanto aspectos psicolóxicos como prácticos da autodefensa.

Entre os contidos principais inclúense os seis principios básicos da defensa persoal, a xestión do medo como reacción natural e ferramenta de supervivencia, e as estratexias de prevención para evitar situacións de risco.

As participantes aprenderán tamén a recoñecer e anticiparse a situacións perigosas, a actuar con decisión, contundencia e determinación (método DCD) e a aplicar técnicas sinxelas e efectivas para soltarse de agarres, protexerse e fuxir con seguridade.

O programa inclúe o chamado concepto TVTP (“Todo Vale, Todo Pega”), que amosa como empregar obxectos cotiáns —como chaves, móbil ou bolso— para defenderse, e dedicará un apartado específico á información preventiva sobre agresores e contextos de risco, baseada en datos estatísticos.

Segundo o instructor, “a defensa persoal feminina non debe centrarse só na forza física, senón tamén na prevención, na confianza e na preparación psicolóxica para actuar ante o perigo”.

As mulleres e nenas a partir de 12 anos (terán que ir acompañadas dunha adulta) interesadas en participar poden realizar a inscrición ata o 18 de novembro, en horario de 08:00 a 14:00 horas, chamando ao teléfono 633 49 79 90.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …