O concelleiro de Medio Ambiente, Octavio Dopico, saíu ao paso das acusacións realizadas desde o PP en canto á limpeza de parcelas. O edil recordou aos populares naroneses que se tramitaron ou están en tramitación no departamento municipal de Medio Ambiente e Salubridade algo máis de 200 expedientes, nos que se require a limpeza de parcelas.
Os informes realizados proceden tanto de denuncias de particulares como de actuacións de oficio levadas a cabo por axentes da Policía Local de Narón –cunha Unidade específica de Medio Ambiente-, recordou Dopico, que incidiu na complexidade de actuar sobre aqueles terreos nos que a titularidade está sendo discutida xudicialmente, por exemplo en casos de embargos. O Concello solicita de xeito periódico ao Rexistro da Propiedade información para requerir ao propietario das parcelas a limpeza das mesmas, ao non poder entrar libremente en propiedades privadas para proceder á retirada da maleza.
Tratamos de axilizar ao máximo a solución a este tipo de problemas, pero precisan dunha serie de trámites establecidos por lei e que non nos podemos saltar, como moi ben deberían saber os populares naroneses”, asegurou o concelleiro de Medio Ambiente.
«É unha lástima que se intente utilizar politicamente un asunto no que todos os grupos políticos, ao igual que todos os veciños e veciñas, estamos dacordo, que non é outro que evitar a proliferación de maleza nas fincas, algo que hai que abordar cumprindo en todo momento a legalidade», recalcou o edil naronés.
En canto á proliferación de ratas nalgunhas zonas da localidade, tamén denunciada desde o PP, a través do departamento municipal de Medio Ambiente especificouse que esta situación rematará unha vez que os verquidos sexan depurados en condicións, algo que sucederá en canto rematen os traballos de saneamento que Acuaes executa na localidade e entren en servizo as instalacións. «O número de queixas aumentou considerablemente a partir do inicio das obras de saneamento, que polo movemento de terras e o ruído derivado das mesmas, ocasiona a saída dos roedores», apuntou.
O edil de Medio Ambiente indicou que este ano se contabilizaron un total de 56 avisos. No Parque Fluvial do Río Freixeiro, unha das ubicacións ás que alude o PP, Dopico aclarou que s«e vallou unha zona e puxéronse varios cebos –pertinentemente indicados- ante as queixas recibidas pola existencia de ratas».
«As medidas non son inmediatas e os roedores non están confinados en espazos pechados, polo que é máis difícil poder erradicar o problema nun curto período de tempo», explicou o concelleiro naronés. Así mesmo, o edil recordou que o feito de dar de comer aos animais na vía pública, unha práctica que non está permitida pero que lamentablemente se repite nalgunhas zonas como este parque e contribúe á proliferación destes roedores, está sancionado na Ordenanza de residuos e limpeza viaria do Concello de Narón, podendo alcanzar os 750 euros a sanción aos infractores.
Sempre son as mesmas fincas, menos trapalladas que PODENSE LIMPAR de oficio e pasarlle o cargo o titular da mesma e se nalgunha no se sabe o titular tense que limpar igual por saude publica e cando se aclare a titularidade xa se lle pasara co resto dos impostos, ¿pq pagara impostos?
Menos trapalladas e mais traballar
Pues se ve que no son suficientes….
Yo podría enumerar aquí 25 fincas en zona urbana con maleza que lleva años sin cortar. Así somos ciudad?